Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/11/22 | 14:31

A Xunta e o Concello de Oia reúnense para impulsar a tramitación da modificación puntual urbanística que permitirá recuperar o mosteiro

Encarnación Rivas informou dos pasos urbanísticos e ambientais a seguir co fin de axilizar a aprobación dos cambios nas normas subsidiarias que rexen neste concello

10/11/22 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 200.000 euros as obras para dotar dun novo sistema terciario a depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal

Os traballos contan cun prazo de execución de 3 meses e teñen como obxectivo optimizar e incrementar as posibilidades de tratamento das augas da depuradora
 

10/11/22 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá o ano que vén ata 1,5 M€ en materia de seguros agrarios para explotacións vitícolas asociadas a Denominacións de Orixe

Outros 5,4 millóns de euros destinaranse en 2023 a promocionar os produtos galegos de calidade mediante feiras ou campañas

10/11/22 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 270.000 euros a execución do ‘by-pass’ no río Anllóns, en Carballo, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións

A intervención, que conta cun prazo de execución de 6 meses, mellorará a capacidade hidráulica do río ao seu paso pola zona de Muíño do Quinto
 

10/11/22 | 14:07 | C. de Sanidade

Sanidade abre mañá a autocita para a vacinación da segunda dose de recordo da covid para a poboación diana en grandes recintos

Recoméndase a vacinación a todas as persoas de 60 a 79 que, por diferentes motivos, non foron vacinadas; a sanitarios sen vacinar, a poboación con patoloxías de risco, embarazadas e convivintes con inmunodeprimidos, entre outros

10/11/22 | 13:44 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta salienta a calidade da enogastronomía galega durante a 23ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiron hoxe a 23ª edición de Xantar

10/11/22 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comunica ao Concello de Vigo que abrirá a nova estación de autobuses o vindeiro 5 de decembro coincidindo coa apertura do túnel de Lepanto e o fin das obras do HALO

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, agarda que o Goberno municipal desbloquee os accesos a finais de novembro
 

10/11/22 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora na publicación dunha antoloxía sobre os 25 anos de historia do certame de poesía de Carral

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde, Javier Gestal, presentan o libro
 

10/11/22 | 13:21 | C. de Sanidade

Fernández-Tapias presenta a Gala ASEM 2022 en beneficio das persoas afectadas por enfermidades neuromusculares

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a iniciativa co obxectivo de recadar fondos para poder sufragar gastos destinados a mellorar a calidade de vida dos pacientes