Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/11/22 | 19:07 | C. de Economía e Industria

Galicia é xa unha referencia en tecnoloxía para os vehículos non tripulados, con 70 compañías que se dedican ao sector aeronáutico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que os orzamentos para 2023 dedican 27 millóns de euros a seguir consolidando o Polo Aeroespacial de Galicia

09/11/22 | 18:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que a senda litoral entre A Coruña e Oleiros é un proxecto ambiental e a maior aposta pola mobilidade sustentable feita na contorna

Vázquez Mourelle remarca que a proposta dunha pasarela entre Oza e Santa Cristina está avalada por informes técnicos sobre o impacto ambiental, a mobilidade e a dinámica do litoral

09/11/22 | 18:47 | Secretaría Xeral de Emigración

A Ribeira Sacra acolle a visita dos galegos do exterior do programa Reencontros acompañados do Secretario Xeral da Emigración

Nesta iniciativa participan preto de 140 galegos do exterior de máis de 65 anos vinculados a entidades de todo o mundo

09/11/22 | 18:37

A Xunta incrementará o orzamento de Igualdade nun 41,44 % en 2023 ata chegar aos 44,5 M€ para manter e ampliar os recursos fronte á violencia de xénero

A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe no Parlamento que o investimento para a Rede de centros de información á muller crecerá un 3%

09/11/22 | 17:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 7,8 M€ en medidas correctoras para reducir a afección acústica xerada pola rede de estradas autonómicas

O Plan de acción ten como obxectivo realizar un diagnóstico da situación actual e determinar as accións prioritarias no caso de superación dos obxectivos de calidade acústica, a partir da información proporcionada polos Mapas Estratéxicos de Ruído

09/11/22 | 17:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o compromiso de Galicia coa transformación dixital e sustentable da industria

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destaca no Parlamento que as prioridades son impulsar o binomio industria-sustentabilidade; inxectar innovación no tecido empresarial; e manter o mellor ciclo exportador da historia da Comunidade

09/11/22 | 17:33

Xunta, SEA e Concello analizan os pasos a seguir para comezar en 2023 a ampliación do polígono da Laracha

Ángeles Vázquez subliña que a Xunta aprobou en 2021 a modificación do proxecto sectorial necesaria para ampliar o parque e despois incluíu a nova delimitación no Plan de ordenación de áreas empresariais, que se prevé aprobar en primavera
 

09/11/22 | 17:31 | C. de Sanidade

A Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do HULA recibe a certificación de calidade

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, presidiu esta mañá a entrega da certificación que pón en valor a calidade asistencial desta unidade do Hospital Lucus Agusti

09/11/22 | 16:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciará antes de que remate o ano obras por 6 M€ en instalacións educativas de Lugo, incluída a rehabilitación integral de tres centros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que nas últimas semanas formalizáronse os contratos para actuar nos IES Ollos Grandes e Ánxel Fole, no CEIP Paradai e para crear unha central de biomasa que dará servizo a varios edificios

09/11/22 | 16:44 | C. de Política Social e Igualdade