Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/11/22 | 16:40

A Xunta dá o visto bo ao convenio entre o IGVS e o Concello de Lugo para a recuperación de Doña Urraca e o seu contorno

O delegado territorial, Javier Arias, pide á Administración local que inicie os trámites para a súa aprobación e sinatura, e lembra que tamén debe aprobar o estudo de detalle para o proxecto da Casa da Torre

09/11/22 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Día da Ilustración 2023 homenaxeará á pintora galega María Antonia Dans

A decisión consensuouse nun encontro mantido entre o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con representantes da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e das escolas de Arte e Superior de Deseño

09/11/22 | 15:27 | C. de Economía e Industria

Preto de 500 comercios da cidade da Coruña xa participan no programa Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, lembra que os comerciantes poden seguir sumándose ata o 30 de novembro a esta iniciativa que xa mobilizou preto de 400.000 euros en vendas na cidade

09/11/22 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a declaración de interese autonómico para o proxecto Galicia Sports 360 polos seus beneficios económicos e a creación de emprego para Vigo

A delegada da Xunta en Vigo considera unha “moi boa noticia” para a cidade a aprobación da iniciativa do Celta para a Factoría do Deporte Galego
 

09/11/22 | 15:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta pola investigación galega para que se consolide como referente na elite do coñecemento

Resalta os acordos asinados coas tres universidades galegas para desenvolver accións de I+D+i por valor de 17,4 M€ para este 2022

09/11/22 | 15:14

A Xunta concede 800.000 € en axudas a 42 concellos para mellorar a imaxe exterior e os impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos municipais

Ángeles Vázquez lembra que esta liña de subvencións se convocou inicialmente cun orzamento de 600.000 euros, pero que “dada a boa acollida das axudas” se ampliou en 200.000 euros máis para levar a cabo 53 actuacións

09/11/22 | 15:09 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 40 expertos de primeiro nivel debaten dende hoxe en Santiago sobre ciberseguridade

O Encontro de Ciberseguridade de Galicia, que foi inaugurado en Santiago, dedica a súa primeira xornada á seguridade nas administracións públicas e nas empresas

09/11/22 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-434 en Laxe, cun investimento de máis de 200.000 euros

Trenor salienta que con esta actuación a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa co desenvolvemento do Plan de reforzos de firme, co obxectivo prioritario de conservar e manter a rede viaria autonómica en boas condicións

09/11/22 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta está a ultimar a senda peonil na estrada autonómica LU-862 que dará continuidade ás beirarrúas de Xove

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe a marcha dos traballos, que supoñen un investimento autonómico de máis de 48.000 euros

09/11/22 | 14:51 | C. de Sanidade

Farmacéuticos do Sergas participan no debate sobre os retos do futuro da política farmaceútica

A Facultade de Medicina de Santiago de Compostela (USC) acolleu esta mañá o segundo dos tres encontros nacionais sobre política farmacéutica