Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/11/22 | 14:41

A Xunta regulará un rexistro de axentes intermediarios no eido da vivenda para dotar de seguridade xurídica ao sector

Proporcionará transparencia ao sector co coñecemento público de todas as persoas e empresas que interveñen na intermediación en materia de vivenda e fomentar a calidade dos servizos que ofrecen

09/11/22 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un novo web promove entre a mocidade creacións musicais e poéticas galegas e portuguesas co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación deste proxecto impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades

09/11/22 | 13:53

A Xunta recoñece o compromiso do concello de Curtis co medio ambiente e a conservación da paisaxe coa concesión da bandeira verde de Galicia

O Goberno galego destinará 80,6 M€ en 2023 a accións para preservar os espazos naturais e para apoiar aos concellos na boa xestión dos residuos, na mellora dos espazos públicos ou na corrección de impactos paisaxísticos

09/11/22 | 13:52

A Xunta recorre ante a xustiza o novo canon imposto polo estado para gravar as concesións asentadas en terreos adscritos aos portos autonómicos

A medida supón que os concesionarios vexan multiplicado o importe das taxas que aboan, ao sumar a estatal á galega, por ocupar espazos que os portos gañaron con posterioridade a que o Goberno central os transferise ás comunidades autónomas

09/11/22 | 13:51 | C. de Sanidade

A Xunta adquire por 5,8 M€ sete novas salas de hemodinámica para os hospitais do Sergas

O conselleiro de Sanidade visitou o hospital de Montecelo, no que se instalará un equipo valorado en 800.000 euros que ampliará servizos ao permitir contar por primeira vez cunha sala exclusiva de hemodinámica

09/11/22 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Verín o potencial da actividade económica no rural como oportunidade de negocio para os emprendedores

O director do Igape, Fernando Guldrís, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, participa no II Foro Think Tank, onde pon en valor as oportunidades e alternativas para innovar e competir no rural e impulsar “unha industria máis innovadora, forte e adaptada ás demandas actuais”

09/11/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 826.000€ a primeira fase do acondicionamento da estrada Pontevedra-Marín, na zona de Estribela

O obxectivo é que a PO-546 en Estribela sexa máis segura para os peóns, levando a cabo unha transformación integral nun treito de 500 metros

09/11/22 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as probas para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada para o vindeiro ano

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará un total de 8 convocatorias de exames de distintas categorías, aproximadamente unha cada dous meses

09/11/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Concello de Coristanco trasládalle á Xunta o seu interese en adherirse á Rede de Concellos Emprendedores de Galicia

O delegado da Xunta na Coruña e o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Industria e Innovación explicaron os beneficios da nova Lei de áreas empresariais

09/11/22 | 13:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca Xantar como o mellor escaparate para invitar aos visitantes a coñecer Galicia e desfrutar dunha gastronomía de calidade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na 23ª edición do Salón internacional de turismo gastronómico, que ao igual que o ano pasado, centrarase na cociña vinculada os Camiños de Santiago de España e Portugal