Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta defende a importancia da colaboración público privada no impulso dunha Galicia xeradora de riqueza co apoio da “enorme oportunidade” dos fondos europeos
Rueda subliña que Galicia presentou aos Next Generation proxectos “potentes, viables e realistas” e advirte de que agora só queda que o Goberno central garanta “certezas” de que contan con esa financiación para levalos adiante
Gabriel Alén anima aos mozos e mozas da provincia de Ourense a participar nas actividades do ‘Outono Xove’
O delegado territorial explicou que se trata dun programa de educación non formal durante o outono, co fin de ofrecer alternativas de ocio responsable e seguro á mocidade galega e favorecer a adquisición de competencias transversais
A Xunta adxudica máis de 26.000 metros cadrados de solo nos parques empresariais de Sionlla e As Gándaras
Son un total de 7 parcelas nas que se aplicou unha bonificación sobre o prezo de venda que supuxo un aforro de 1.184.347,70 euros para as empresas adquirentes
A Xunta impulsa tres aparcadoiros disuasorios gratuítos con máis de 200 prazas na periferia de Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis e Ribadumia
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou de que este proxecto, que se somete desde hoxe a información pública, suporá un investimento de case 1,7 M€
A Xunta considera que o peor da seca está superado ao constatar un incremento do 800% nos caudais dos ríos nas últimas semanas
A mellora da situación permite desactivar o estado de seca prolongada na Mariña luguesa e na zona de Ortegal e Cedeira, pasando a completa normalidade
A Xunta garante o exercicio da liberdade relixiosa na sanidade pública a través dun acordo co Consello Evanxélico
O Servizo Galego de Saúde posibilita así, o desenvolvemento de funcións de culto e asistencia da prestación evanxélica aos pacientes ingresados na rede hospitalaria pública galega
A Xunta destaca en Valencia as posibilidades dos fondos europeos para potenciar a competitividade do tecido produtivo galego en clave dixital e verde
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha charla coloquio celebrada no marco do V Congreso de Industria Conectada, onde se falou do futuro da industria e da xestión dos fondos europeos polas administracións territoriais
A Xunta somete a información pública o proxecto da senda peonil entre Bamio e Carril, en Vilagarcía de Arousa, que suporá un investimento autonómico de case 330.000€
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, presentou esta actuación para a mellora da seguridade viaria na contorna das estradas autonómicas PO-548 e PO-192
A Xunta aposta polo emprego inclusivo con 44,5 M€ en 2023 a través do Plan Emprega Discapacidade para beneficiar a 6.000 persoas
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade detallou hoxe o orzamento do seu departamento para a discapacidade para o vindeiro exercicio na visita que realizou ao Centro Especial de Emprego I-Lab do grupo Grumico