Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/11/22 | 12:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia é a comunidade autónoma con menos temporalidade no emprego público

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público en Galicia

08/11/22 | 11:59

A Xunta financiará con 2,9 M€ máis de medio centenar de accións formativas para personas desempregadas en Ferrolterra

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade oferta un total de 57 cursos na zona que suporán máis de 28.000 horas formativas
 

08/11/22 | 11:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 19 proxectos de mellora de parques empresariais da provincia da Coruña que mobilizan 2 M€

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá as obras de mellora de viais no polígono Camporrapado de Boqueixón, que é concello emprendedor

08/11/22 | 11:40 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue renovan o convenio de colaboración para a promoción da doazón

O Servizo Galego de Saúde e a Federación galega de Irmandades de Doadores de Sangue asinaron hoxe un novo acordo para seguir promovendo o xeneroso xesto da doazón de sangue

08/11/22 | 11:23

Trenor informa de que a Xunta financiará con máis de 2 M€ máis de 40 cursos de formación para persoas desempregadas de Bergantiños-Costa da Morte

Os concellos e os centros de formación profesional para o emprego poderán cualificar máis de 600 persoas na comarca de Bergantiños-Costa da Morte
 

08/11/22 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por preto de 262.000 € a mellora enerxética dos xulgados de Marín

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou hoxe o edificio, onde informou das obras previstas
 

08/11/22 | 10:22 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.741 casos activos por coronavirus

Un total de 678.558 pacientes xa están curados

07/11/22 | 19:54

Galicia e Castela e León reuniranse este mes con membros da Eurocámara para informar do impacto no sector primario das políticas estatais sobre o lobo

Ángeles Vázquez e Juan Carlos Suárez-Quiñones trasladarán ao Parlamento Europeo a situación que está a vivir a gandaría e o medio rural ao Noroeste do país polas decisións “erráticas” do Goberno central con relación á xestión do lobo

07/11/22 | 18:34 | C. de Sanidade
07/11/22 | 18:27 | C. de Sanidade

O Sergas publica por primeira vez a apertura da lista de selección de persoal estatutario temporal dietista-nutricionista

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, entre o 8 e o 21 de novembro