Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/11/22 | 10:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.782 casos activos por coronavirus

Un total de 678.377 pacientes xa están curados
 

06/11/22 | 20:00 | C. de Política Social e Igualdade
06/11/22 | 16:20 | C. de Política Social e Igualdade
06/11/22 | 16:00

A Xunta organiza en Ponteceso un foro no que mulleres emprendedoras da Costa da Morte compartirán a súa experiencia

A actividade enmárcase no programa de actuacións que desenvolve o Polo de emprendemento e apoio ao emprego da Costa da Morte, ubicado en Coristanco
 

06/11/22 | 14:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a segunda convocatoria de axudas para modernizar teatros, auditorios e salas, o que eleva o investimento por riba dos 2 M€

Entidades públicas e privadas poden solicitar ata o 5 de decembro apoio para proxectos de transición verde e transformación das infraestruturas de artes escénicas e musicais que impulsen a súa xestión sostible

06/11/22 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co sector da castaña, no que investirá 4,8 M€ o ano que vén para o seu impulso

Dese orzamento, a Xunta reserva 3,8 millóns de euros para novas plantacións e a restauración de soutos, e un millón de euros para accións modelo de mellora de soutos a través de convenios con asociacións de xestión conxunta

06/11/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza con Forestal do Atlántico na tramitación do proxecto Triskelion

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, mantivo unha reunión de coordinación cos promotores da iniciativa, que foi declarada Proxecto Industrial Estratéxico

06/11/22 | 11:57

Mañá comeza a campaña extractiva da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

Na provincia de Lugo a centola permanecerá en veda ata o vindeiro 27 de novembro, día incluído

06/11/22 | 11:30

Máis de 4.000 persoas interactuaron no metaverso na oficina de emprego virtual instalada no expositor da Xunta en Edugal

A innovadora iniciativa que promoveu a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade no seu expositor da feira deu acceso ás persoas visitantes a través do teléfono móbil ou de gafas de realidade virtual
 

06/11/22 | 11:03

A Xunta adxudica o proxecto para construír dúas piscinas públicas e un centro BTT no concello de Outeiro de Rei

A intervención incluirá a adecuación da parcela e a correspondente urbanización así como a construción das novas edificacións previstas e dos servizos complementarios