Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/11/22 | 12:36 | C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias dá a benvida aos novos emprendedores para iniciar a reactivación do casco vello de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo entregou este luns as chaves aos adxudicatarios dos locais que saíron a concurso público

07/11/22 | 12:14 | C. de Economía e Industria

A unidade mixta de investigación Aquatim incorpora a innovación e a dixitalización ao ciclo da auga

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, participaron na presentación desta alianza estratéxica entre o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim) e as empresas Aqualia e Trainasa, que conta cola colaboración da Xunta

07/11/22 | 12:05 | C. de Sanidade

Galicia, entre as catro comunidades autónomas con maior número de institutos de investigación sanitaria acreditados no país

A Coruña acolle por primeira vez as xornadas anuais do CIBER-BBN, referente da investigación e innovación tecnolóxica a nivel nacional e internacional

07/11/22 | 12:00

Lorenzana sinala que os Polos de emprendemento e apoio ao emprego impulsarán o motor económico de Galicia co foco posto na muller e na mocidade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade destacou hoxe na presentación do Informe GEM Galicia 2021-2022 que as Contas 2023 do departamento autonómico destinan 18,2 millóns para promover iniciativas emprendedoras en todas as súas fases
 

07/11/22 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a concellos da Coruña e de Ourense fronte ás nevadas coa dotación de material de emerxencia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na entrega de oito esparexedores de sal que representan un investimento global de case 37.500 euros

07/11/22 | 11:50 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia o desenvolvemento socioeconómico dos sectores do mar e do turismo nas XX Xornadas Gastronómicas da Centola do Grove

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, participou na presentación oficial desta exaltación gastronómica, organizada pola asociación de empresarios Emgrobes, no Museo da Salgadeira coa presenza do alcalde, José Cacabelos
 

07/11/22 | 11:44

A Xunta leva un ano máis á economía social galega ao salón ‘Xantar’ de Ourense para dar a coñecer os seus beneficios e produtos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade contará cun stand en Expourense entre o 9 e o 13 de novembro no que porá en valor o compromiso social destas empresas e a súa capacidade de xerar oportunidades de inclusión laboral

07/11/22 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta declara de utilidade pública e de interese social as aldeas modelo de Soutogrande en Vilariño de Conso, Cortegazas en Avión e Ferreiros en Ames

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe tres decretos da Consellería do Medio Rural que buscan axilizar a tramitación destas aldeas
 

07/11/22 | 10:23 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 42 persoas por 38 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 4 de novembro ata as 23,59 horas do domingo, 6 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 44 chamadas por accidentes de tráfico