Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/11/22 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias destaca a función dos centros sociocomunitarios como espazos de convivencia e envellecemento activo

A delegada territorial da Xunta en Vigo compartiu parte da xornada de hoxe cos usuarios e usuarias do centro vigués de Coia

07/11/22 | 13:56

A Xunta adxudica por case 85.000 € o primeiro dos traballos para restaurar os hábitats das illas cíes, ons e sálvora no marco do proxecto transnacional ‘LIFE insular’

A actuación consistirá na retirada de especies exóticas invasoras nos tres arquipélagos e a súa execución estenderase ata decembro do ano que vén
 

07/11/22 | 13:30 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca que o novo centro de Protonterapia situará Galicia na vangarda en novos tratamentos contra o cancro

Estará emprazado en Santiago de Compostela, e Galicia aspira a ser pioneira en ofrecelo a pacientes da sanidade pública, tanto aos galegos como aos de Castela e León e, previsiblemente, os de Asturias

07/11/22 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda coas deputacións da Coruña e Lugo aplicar as melloras na prestación dos seus servizos de emerxencias ao igual que na provincia de Ourense

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, abordaron hoxe na reunión da Comisión de seguimento dos convenios de colaboración dos GES a renovación dos acordos nestas dúas provincias coas melloras propostas pola Xunta xa o ano pasado para completar o mapa de emerxencias na comunidade

07/11/22 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece o traballo de 20 estudantes cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico do curso 2021/22

Estes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, teñen como obxectivo valorar o esforzo e dedicación do alumnado de Ensinanza Secundaria Obrigatoria cun excelente aproveitamento
 

07/11/22 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia’ incrementa nun 31% os usuarios e estrea guía e espazo temático

A publicación, que presenta hoxe o director xeral de Cultura, amosa o traballo desenvolvido para achegar á cidadanía o patrimonio documental
 

07/11/22 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a Xunta executará ou activará 600.000 € en investimentos nos vindeiros meses no Concello de Portas

O delegado territorial presidiu este mediodía a sesión mensual da Comisión Territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, celebrada na Casa do Concello ao abeiro do seu percorrido itinerante pola provincia, que xa a levou por Oia, Covelo, O Grove, Campo Lameiro, Lalín, Marín, Pontecesures, Rodeiro e O Porriño

07/11/22 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá máis de 4,8 M€ na nova sede do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da Universidade de Santiago

Renovarase o inmoble actual e habilitaranse novos espazos no mesmo para dotalo de máis locais dedicados a laboratorios e investigación