Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/11/22 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o ingreso de Gonzalo Navaza como novo membro de número da Real Academia Galega

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asiste na RAG á sesión extraordinaria na que o escritor pronunciou o discurso ‘Nomes de persoa na toponimia de Lalín’

05/11/22 | 13:00

'Camiños á empregabilidade' comeza o luns para incrementar as oportunidades laborais dos menores de 30 e maiores de 45 anos sen emprego

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pon en marcha este programa que proporcionará aos participantes ferramentas para mellorar a súa empregabilidade no entorno laboral actual
 

05/11/22 | 12:14 | A Presidencia da Xunta

O Goberno galego anima os municipios do Camiño a sumar sinerxías para repetir na década xacobea os éxitos dun Ano Santo espectacular

Rueda subliña a importancia que ten o Camiño para os lugares polos que pasa e o interese de que siga medrando con toda súa potencia de crecemento pero mantendo a esencia

05/11/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
05/11/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta promociona os seus produtos de calidade na XXIII edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria vai desenvolver un amplo programa de actividades, entre as que se atopan un total de 14 obradoiros e degustacións de produtos galegos con Denominación de Orixe Protexida ou de Indicación Xeográfica Protexida

05/11/22 | 11:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede axudas a un centenar de entidades sociais por un valor de 7 M€

Financiaranse 500 actuacións para garantir o funcionamento diario de centros de inclusión e emerxencia social como albergues ou comedores sociais, entre outros

05/11/22 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Xunta anuncia a toma de posesión de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña no concello de Santa Comba

Deste xeito, a Consellería do Medio Rural pon en coñecemento dos veciños afectados pola reestruturación que poden comezar a usar as novas parcelas resultantes do proceso de reorganización da propiedade
 

05/11/22 | 11:01 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.045 casos activos por coronavirus

Un total de 677.936 pacientes xa están curados

05/11/22 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/11/22 | 20:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a creación dunha rede de dinamización de centros culturais no rural

O responsable autonómico de Cultura pon en valor a importancia destas entidades para o impulso do sector e a salvagarda do patrimonio literario, artístico e etnográfico na inauguración da exposición ‘Unha pincelada a Paco’ co alcalde de Lalín