Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta coordina un simulacro de activación do Plan de Emerxencia Exterior da empresa Masol Iberia Fuel, no porto exterior de Ferrol
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron na actuación para comprobar a coordinación en caso de emerxencia real e mellorar a resposta
Román Rodríguez salienta que tecnoloxía e inclusión “deben ir da man” na educación do futuro para garantir a atención á diversidade e a igualdade de oportunidades
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na presentación da III edición de ‘Talentos Inclusivos’, impulsada polo CITIC e ASPACE co fin de espertar as vocacións STEM entre a mocidade
Arias anima a desfrutar dos descontos do 50 % que ofece o Bono Cultura da Xunta nos negocios lucenses adheridos
O delegado territorial da Administración autonómica explica que máis de 60 empresas da provincia xa se sumaron á segunda edición desta campaña, que esgotou os bonos entre os consumidores en tempo récord
Arias visita a casa niño ‘A Brétema do Miño’, a segunda que se pon en marcha no municipio de Portomarín
O delegado territorial da Xunta en Lugo subliña que a provincia suma xa 23 centros e 115 prazas para menores de 0 a 3 anos no ámbito rural, gratuítas para as familias
A Xunta avanza nos traballos de construción de novos pozos para o regadío da Limia cun investimento total de case 6 millóns de euros
José González lembrou que as actuacións consisten na construción de 40 novos pozos de sondaxe de auga nesta bisbarra ourensá
A Xunta imparte accións de concienciación e formación nos ámbitos escolares para a prevención dos lumes forestais
O delegado territorial, Luis López, asistiu esta mañá a unha destas xornadas didácticas, con membros da base helitransportada do Campiño, no CEIP de Seixo, no Concello de Marín, na que participaron os 150 alumnos do centro
A Xunta abre ao público en Santiago unha mostra con preto de cen casos de éxito da combinación de deseño e innovación en Galicia
A exposición ‘Formas propias. Deseño para a innovación en Galicia’ foi inaugurada esta mañá pola directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e poderá verse ata o 16 de decembro na Fundación Didac
O delegado territorial da Xunta en Ourense e a secretaria xeral da Igualdade inauguran a exposición ‘ArteNON’
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou que con iniciativas como esta, a Xunta “pretende contribuír á concienciación de toda a sociedade contra a violencia de xénero nas súas múltiples formas e manifestacións”
Diego Calvo avoga por traballar en proxectos conxuntos entre Galicia e o Norte de Portugal para as convocatorias do novo POCTEP
O vicepresidente segundo da Xunta participou hoxe na presentación das novidades do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal para o período 2021-2027, o maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea