Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Martina Aneiros supervisa as obras do albergue de peregrinos que estarán concluídas a comezos de ano
Actualmente estanse a concluír os labores de división dos espazos con paneis de pladur e as instalacións eléctricas e de fontanería
A Xunta porá en marcha en 2023 unha nova liña de axudas de 2,6 M€ para mellorar a eficiencia enerxética das entidades locais
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, anunciou a nova orde na súa visita ao concello de Frades, que adquiriu en conxunto co municipio de Ordes unha rozadoira para tarefas ambientais ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental
A Xunta destinará o vindeiro ano 4,7M€ ao Bono Enerxía Peme para seguir apoiando a mellora enerxética dos negocios galegos
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá a empresa Eventos Señoráns, unha das 660 beneficiarias da convocatoria deste ano
O Arquivo do Reino de Galicia amosa o desenvolvemento das infraestruturas aeroportuarias na comunidade
A mostra ‘Voar dende Galicia’ recolle documentos varios arredor do nacemento dos tres aeroportos galegos e dos pequenos aeródromos
Fernández-Tapias anima á cidadanía a participar como voluntarios na gran recollida do Banco de Alimentos
A delegada territorial da Xunta en Vigo realizou este xoves unha visita ás instalacións da ONG na Avenida do Alcalde Lavadores
A Xunta e o Concello de Porto do Son analizan a posibilidade de tramitar o futuro polígono do municipio a través da nova Lei de áreas empresariais
O IGVS propuxo aos técnicos municipais que se faga a través dun Plan estruturante de ordenación de solo empresarial, figura creada ao abeiro desta normativa e que garante unha tramitación máis áxil e flexible do desenvolvemento de solo industrial
A Xunta apoia ao sector turístico do Salnés con 35 axudas para aloxamentos e restaurantes por 714.000 € e 152 establecementos participantes no Bono Turístico
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou destes dous programas de Turismo de Galicia na Casa da Muiñeira e Cambados, beneficiaria dunha achega de 15.000 para mellorar as súas instalacións cunha piscina exterior
A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840 no treito coincidente co Camiño do Norte, no concello de Boimorto
A intervención, cun investimento de preto de 45.000 €, consiste na execución dunha senda de case 400 metros por ambas as marxes da estrada entre os puntos quilométricos 33 e 33+370
A Xunta anima o alumnado do obradoiro de emprego Terra de benestar porque seralle máis doado incorporarse ao mercado laboral
O delegado territorial explicou que no obradoiro de emprego Terra de Benestar a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste 503.987 euros na formación de 20 alumnos – traballadores no módulo de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
A Xunta mellora e amplía as instalacións náuticas aboiantes de Betanzos facilitando o acceso das embarcacións á lámina de auga
Portos de Galicia iniciou os traballos na zona cun orzamento de arredor de 35.000 euros