Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destinará o vindeiro ano 4,8 M€ ás bonificacións e conxelación das peaxes das autoestradas autonómicas, o que beneficiará a 26.500 usuarios cada día
Francisco Menéndez salienta o aumento nun 86% da partida destinada aos descontos e a paliar o impacto do IPC nas tarifas nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57)
A Xunta somete á información pública o proxecto de construción dunha base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra no marco do proxecto Interlumes
O DOG publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se poderán presentar alegacións á iniciativa nun prazo de 20 días hábiles a contar desde mañá
A Xunta celebra que o labor da Unidade de Investigación de Incendios Forestais levara a prisión ao presunto autor de máis dunha ducia de lumes en Salvaterra de Miño e Ponteareas
A Fiscalía de área de Vigo solicitou a entrada no cárcere do suposto incendiario tras novos indicios aportados pola UIFO e polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil
Galicia rexistra un total de 2.101 casos activos por coronavirus
Un total de 677.722 pacientes xa están curados
A Xunta declara de utilidade pública e de interese social seis polígonos agroforestais en Leiro, Monterrei, Paderne de Allariz, Riós, Cerdedo-Cotobade e Crecente
O DOG publica hoxe os seis decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 420 hectáreas, preto de 3.700 parcelas e máis de 1.300 propietarios
A Xunta de Galicia habilitará o polo de emprendemento na cidade antes de finais de ano
A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, acompañada da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou esta tarde no acto ‘Crear, Innovar, Aprender’ de AJE Ferrolterra
Rueda asegura que Galicia conta co ecosistema innovador, o talento e a vontade para acoller a sede da AESIA en España
Subliña que a Comunidade conta co apoio de máis de 70 organismos e empresas e cun rico sistema de innovación tecnolóxica no que prestan servizos máis de 50 firmas, o 80% delas, galegas
Chega a 289 cines o filme ‘13 Exorcismos’, rodado en Ourense como proxecto do Hub Audiovisual da Xunta
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu esta tarde á ‘première’ desta longametraxe da produtora galega Bambú, xunto a Atresmedia Cine e Mr Fields & Friends, que se estrea mañá en salas de toda España