Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/07/21 | 15:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida ás familias a gozar de tardes de teatro, contos, circo, xogos e maxia con ‘Verán no Gaiás’

Do 21 de xullo ao 18 de agosto, este ciclo enche de actividades familiares as tardes dos mércores na Cidade da Cultura

20/07/21 | 14:52 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axenda Dixital 2020 acelerou o uso de internet e da administración electrónica en Galicia por riba da media española e europea

A directora da Amtega, Mar Pereira, presentou hoxe o balance do período 2015-2020 da Axenda Dixital de Galicia 2020 no pleno do Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga)

20/07/21 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias acompaña nas Illas Cíes aos mozos e mozas que participan no campo de voluntariado da Xunta

Durante 10 días, ata o vindeiro 26 de xullo, os 11 participantes nesta proposta de ocio, enmarcada na campaña “O verán que mereces”, realizarán actividades medioambientais como reforestación e reciclaxe

20/07/21 | 14:31

A Xunta apoia con 627.000 euros a contratación de 48 desempregados perceptores de Risga en 9 concellos de comarca de Ferrol

O obxectivo da iniciativa é proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración

20/07/21 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por universalizar a innovación entre o tecido empresarial galego para axudar a que pemes e autónomos gañen en competitividade a través da I+D+i

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do informe ‘A innovación aberta en Galicia’, realizado pola Fundación Cotec

20/07/21 | 14:08

A Xunta apoia con 2 M€ o emprego dunhas 430 persoas en máis de 400 empresas pequenas de nova creación e de base tecnolóxica

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases coas que a Xunta apoiará o fomento e a consolidación do emprego en pequenas empresas de nova creación e artella incentivos para as iniciativas empresariais de base tecnolóxica

20/07/21 | 14:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a achega da Xunta á intermodal de Ourense e insta ao Goberno central a acometer a reforma da estación de tren para completar a porta de entrada do AVE a Galicia

Salienta que a Xunta pon fin á primeira fase da intermodal de Ourense, na que investiu 9 millóns de euros, cunha estación de autobuses con máis de 7.300 metros cadrados e coa previsión de albergar case 70.000 expedicións e a 265.000 pasaxeiros

20/07/21 | 13:12

Axentes medioambientais localizan troitas procedentes da pesca deportiva recreativa almacenadas nun comercio hosteleiro

As inspeccións realizadas nun restaurante da comarca de Tabeirós pechouse co comiso de catro pezas, das cales tres non acadan os 19 cm, a dimensión mínima xeral de captura

20/07/21 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 2,5 M€ para contribuír á modernización e mellora dos hoteis e restaurantes de máis de 25 empregados

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes do sector hoteleiro, onde lles avanzou esta nova liña de axudas