Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza un curso sobre técnicas de cultivo en viticultura para 20 profesionais do sector
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) organiza esta formación a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), que terá lugar no concello de Leiro (Ourense) a partir do vindeiro luns
Fabiola García anuncia un programa de visitas e excursións seguras para os usuarios das residencias de maiores durante o verán
Esta iniciativa beneficiará a 600 persoas maiores que residen nestes centros e incluirá paseos en catamarán pola Ribeira Sacra, visitas ao acuario da Coruña ou excursións ao castro de Santa Trega entre outras actividades
A Xunta reafirma o seu apoio ás carpinterías de Ribeira para protexer o patrimonio cultural e marítimo-pesqueiro de Galicia
A Consellería do Mar vén de asinar un novo convenio de colaboración coa Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) por importe de 30.000 euros para o desenvolvemento de actividades de recuperación, conservación e divulgación do patrimonio marítimo galego
A Xunta organiza dende o luns que vén en Ribadeo un curso básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios
Está previsto realizalo no CFEA Pedro Murias, onde xa se levou a cabo outro curso sobre a materia estes días, ao igual que noutras localidades como Lugo ou Narón
A Xunta de Galicia apostou nos últimos anos por incrementar as poboacións de mexillón de río para mellorar a calidade das augas fluviais galegas e as poboacións piscícolas
Ángeles Vázquez recorda que este bivalvo é unha das especies máis ameazadas do planeta e Galicia, un dos seus últimos refuxios, acubilla á maior poboación ao sur de Europa
A Xunta recibe 9 ofertas para a redacción do proxecto construtivo de mellora da estación de bombeo de augas residuais de Mogor, en Marín
Os traballos, licitados por un investimento autonómico de máis de 120.000 euros e un prazo de execución de 6 meses, céntranse na definición das actuacións precisas para axustar a capacidade de impulsión á poboación da área rural oeste deste municipio
A Xunta adxudica a mellora da rede de abastecemento de auga no concello de Vilar de Barrio
A actuación dá resposta á solicitude de colaboración do Concello e recolle as actuacións do proxecto redactado por Augas de Galicia para emendar a escaseza de auga potable en época estival nos núcleo de Barrán, Vilar de Barrio e Bóveda
A Xunta publica a licitación para o desenvolvemento da plataforma dixital que apoiará a xestión dos instrumentos de recuperación da terra agraria
O Goberno galego vén de colgar dita licitación na plataforma pública de contratación
A Xunta apoia a aposta que o Centro Tecnolóxico Cetim está a facer pola economía circular
Cetim é un dos centros tecnolóxicos que colabora na candidatura galega para optar aos fondos europeos Next Generation dentro do Polo para a Transformación de Galicia
A Xunta convoca axudas de preto de 700.000€ para o impulso da inclusión laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero a través das entidades sen ánimo de lucro
Esta liña de apoio, incluída dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, inclúe contías máximas de 100.000 euros