Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/07/21 | 12:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o labor do grupo Inprosec como referente galego no eido da ciberseguridade grazas a súa aposta pola dixitalización e a internacionalización

O director de XesGalicia, Rubén Aguión, asistiu esta mañá en Vigo á celebración do décimo aniversario da compañía

21/07/21 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre iniciación e mellora da gandaría de ovino-cabrún no concello lucense de Friol

Esta iniciativa ten previsto celebrarse a partir do vindeiro luns e contará cunha duración total de 25 horas

21/07/21 | 11:28

A Xunta inviste máis de 10M€ en Programas Integrados de Emprego para impulsar a ocupación de 4.000 persoas desempregadas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha convocatoria que permitirá levar a cabo 40 programas de formación no traballo que deben garantir un mínimo dun 35% de inserción laboral das persoas participantes

21/07/21 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta resolve por preto de 500.000 euros as axudas para a realización de proxectos de cooperación entre os grupos de desenvolvemento rural de Galicia

A resolución destas achegas ao abeiro da medida Leader vén de asinarse por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural

21/07/21 | 10:14 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 12.889 casos activos por coronavirus

Un total de 128.627 pacientes xa están curados

21/07/21 | 09:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca cursos de formación sobre intervención en emerxencias para os concellos con grupos de emerxencia supramunicipais

A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, ten como obxectivo formar ao persoal dos grupos de emerxencia, con prioridade para os concellos con GES de nova creación

20/07/21 | 19:33

Galicia difunde o valor do seu patrimonio marítimo-pesqueiro mediante a promoción dos museos do Arco Atlántico

A conselleira do Mar salienta a importancia de iniciativas coma esta para enxalzar o patrimonio material e inmaterial da comunidade e protexer a súa cultura mariñeira

20/07/21 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Volve ‘Monumenta’, o programa da Xunta que combina rutas a pé con actividades culturais

Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe no Mosteiro de Carboeiro (Silleda) os novos itinerarios, centrados moitos deles nas rutas de peregrinación a Santiago co gallo do Xacobeo