Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/07/21 | 18:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia pecha a presidencia da comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal co obxectivo cumprido de consolidar a Eurorrexión e desenvolver os seus recursos

A Eurorrexión captou da Unión Europea 163 millóns de euros para a posta en marcha de 85 proxectos, sendo a área máis beneficiada da fronteira hispano-lusa

22/07/21 | 17:43 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de maio como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,53 días, case 14 días por debaixo da media autonómica

22/07/21 | 16:52 | A Presidencia da Xunta

A Xunta inicia a tramitación do anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga

Feijóo precisa que será un marco normativo que permitirá regular o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración de augas

22/07/21 | 16:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
22/07/21 | 16:48

Galicia avanza no desenvolvemento de protocolos para impulsar a produción de semente de moluscos bivalvos en criadeiros

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para minimizar o impacto das patoloxías bacterianas en criadeiros de bivalvos

22/07/21 | 16:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca os máis de 30 anos do Náutico de Miño, que será reformado cunha achega da 260.000 €

O club pon á disposición dos socios un escenario perfecto para o desfrute do deporte e a natureza a través das actividades de carácter turístico, recreativo, de adestramento e competición

22/07/21 | 16:00 | C. do Medio Rural
22/07/21 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta engalana 37 tramos do Camiño de Santiago en vilas e cidades para darlle a benvida aos peregrinos

Xacobeo Benvida é unha iniciativa que busca implicar todo o territorio na celebración deste Ano Santo a través da colocación de bandeirolas en tramos peonís do Camiño

22/07/21 | 15:33

A Xunta pecha a rolda inicial de contactos para comezar a tramitación do Plan reitor do Parque natural do Xurés

O Goberno galego leva meses programando encontros con todos os axentes sociais e económicos da contorna, para coñecer o seu punto de vista e facelos partícipes desta ferramenta que determinará as actividades a desenvolver nos vindeiros anos

22/07/21 | 15:29 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor as actividades de ocio educativo nas paisaxes galegas durante a visita ao minicampamento eco-verán na Ribeira Sacra

A Consellería de Política Social puxo en marcha esta modalidade de ocio estival baixo o nome Coñece Galicia en 2020, e está enmarcada na campaña O verán que mereces
Este ano ofrece 600 prazas para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos, 67 máis que no 2020