Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/07/21 | 15:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reclama ao Goberno central fondos específicos fronte á covid no ensino e para contratación de profesorado

Tamén se deben incrementar os fondos para o Plan Recupera, que se viron minguados en 1M€

21/07/21 | 15:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta súmase ao concello de Lalín na homenaxe a Laxeiro no 25 aniversario do seu falecemento

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa nos actos conmemorativos no Museo Ramón Mª Aller e no cemiterio da Romea

21/07/21 | 15:45

A Xunta solicita ao Goberno central reconsiderar as condicións que fixa para a aplicación dos fondos europeos de vivenda

Ángeles Vázquez sinala que o Goberno galego está de acordo co reparto, pero os prazos e os requisitos esixidos aos beneficiarios non son asumibles nin para eles nin para a Administración autonómica

21/07/21 | 15:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en marcha unha campaña de concienciación en seguridade viaria para lembrarlles aos peóns e aos condutores que “na estrada somos pezas fráxiles”

Ethel Vázquez presentou esta medida como o “pistoletazo de saída” do novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025 e convida aos diferentes axentes sociais e institucionais a participar na súa elaboración para avanzar no obxectivo final das cero vítimas nas estradas

21/07/21 | 14:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a decisión do comité clínico de limitar as reunións, cunha especial énfase nas nocturnas, e permitir a apertura da hostalería cun control de acceso nos niveis de incidencia máis alta

Afirma que o obxectivo é buscar a máxima seguridade, evitar que os bares e restaurantes teñan que pechar cada vez que un concello chega a un nivel de risco máximo ou alto e incrementar a participación nos cribados dos menores de 40 anos

21/07/21 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia do futuro centro de fabricación avanzada Galicia TurisTic como polo tecnolóxico que axude a impulsar a dixitalización do sector turístico

Conde asegurou que o proxecto vai fomentar a creación de produtos, servizos e empresas de base tecnolóxica, conxugando innovación, emprendemento e formación

21/07/21 | 13:40

A Xunta destina preto de 828.000 euros a financiar a contratación de 79 perceptores da Risga en 36 concellos ourensáns

O delegado territorial explicou que a medida busca favorecer a inserción laboral destas persoas co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral

21/07/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta o Plan Galicia destino seguro 2021-2023 que mobilizará preto de 950 millóns para impulsar a recuperación dun sector centrado na calidade, a innovación e a sustentabilidade

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asegura que se trata da folla de ruta para “entre todos, seguir construíndo o futuro do turismo”

21/07/21 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca axudas para a celebración de festivais, certames e feiras culturais de carácter afeccionado

O Diario Oficial de Galicia publica estas subvencións dirixidas a institucións sen fins de lucro, entidades locais e agrupacións de concellos