Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/07/21 | 12:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta anuncia no Diario Oficial da Unión Europea a licitación das obras da estación da terminal de autobuses e dos elementos comúns da intermodal da Coruña por 35 M€

Este trámite axiliza os prazos de contratación das obras que executará a Xunta: a nova terminal de autobuses integrada na de ferrocarril, que financia; o aparcadoiro, cuxo custo asume o Concello; e os elementos comúns na área da intermodal de San Cristóbal

23/07/21 | 11:56

A Xunta entrega á Federación de Veciños Lucus Augusti 100 colectores para facer compostaxe doméstica

O delegado territorial, Javier Arias, salientou que Sogama impartirá cursos de formación para explicarlles aos participantes como obter un compost de alta calidade

23/07/21 | 11:55

Galicia apoia as instalacións de transformación de produtos do mar que promoven a eficiencia enerxética

Rosa Quintana expuxo que a fábrica que se está a construír na Pobra do Caramiñal exemplifica ese pulo ao aforro enerxético, pois contará cun parque fotovoltaico que favorecerá unha maior sustentabilidade nos procesos

23/07/21 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso en Ribadeo sobre benestar animal no transporte

A acción formativa, organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), terá lugar no CFEA Pedro Murias e dará comezo o vindeiro martes 3 de agosto

23/07/21 | 10:21 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 15.109 casos activos por coronavirus

Un total de 129.482 pacientes xa están curados

23/07/21 | 09:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis dun millón de euros a equipamentos de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil

A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes con agrupacións de voluntarios de Protección Civil

22/07/21 | 20:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia subliña durante unha visita á residencia de Ramirás o indispensable labor dos traballadores e o esforzo dos usuarios destes centros durante a pandemia

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, achegouse esta tarde ás instalacións da Fundación Valdegodos

22/07/21 | 20:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Nace o ciclo ‘Comicamente’, que levará este verán o humor galego a 12 concellos co apoio da Xunta

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe o novo programa, liderado polos humoristas e monologuistas galegos Carlos Blanco, Luís Piedrahita, Xosé A. Touriñán e Lucía Veiga

22/07/21 | 18:41 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo constata a confianza da eólica offshore en Galicia abrindo novas oportunidades para a industria de Ferrolterra “que se traducen en emprego e facturación”

Resalta que o consorcio Navantia e Windar porá en marcha unha fábrica específica nos terreos do estaleiro en Fene, mellorando as súas capacidades ao abrirse a un novo produto dentro do sector de cimentacións mariñas fixas