Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/07/21 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de catro ríos ao seu paso polo concello de Cariño

Estes traballos desenvólvense na parroquia de Santa María da Pedra, no río Moreira e nun segundo innominado; así como no río Garita, na parroquia de Sismundi; e no rego do Seixo ao seu paso polas parroquias de Feás e de Landoi

24/07/21 | 10:21 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 15.992 casos activos por coronavirus

Un total de 130.008 pacientes xa están curados

24/07/21 | 08:50 | C. do Medio Rural

A Xunta valora a posibilidade de implantar un sistema baseado na internet das cousas para a xestión da gandaría extensiva nas aldeas modelo

O proxecto expón a extensión dunha rede de datos que dea cobertura a toda a aldea a través de sensores e que permita recibir información en tempo real en diferentes dispositivos

24/07/21 | 08:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa axudas por 255.000 euros para impulsar a comercialización física do sector artesán galego

A convocatoria, posta en marcha desde a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, contempla apoios de ata 8000 euros para obradoiros, 15.000 para concellos e 30.000 euros para asociacións profesionais e empresariais

23/07/21 | 21:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta participa activamente na reunión preparatoria do Real Padroado de Santiago

O tema fundamental foi a programación estratéxica, que se presentará na devandita xuntanza o domingo

23/07/21 | 19:10 | C. de Sanidade

A Xunta licita o proxecto do centro integral de saúde para a cidade de Ourense

O plan funcional que agora se plasmará en proxecto arquitectónico contempla a reforma integral do actual Centro de Saúde Nóvoa Santos, incrementando as alturas do edificio e a súa conversión en CIS

23/07/21 | 19:04

Rosa Quintana enxalza o intenso labor da confraría de Porto do Son para protexer o legado mariñeiro desta vila e do conxunto de Galicia

A conselleira do Mar destaca que o arquivo de fondos históricos dixital impulsado pola entidade, con máis de 1.600 expedientes recollidos en preto de 40.000 imaxes, facilitará a transmisión do patrimonio mariñeiro de xeración en xeración

23/07/21 | 18:37 | C. de Sanidade

A Xunta ofrecerá mañá a realización de test de antíxenos nas sete grandes cidades galegas

Dispositivos móbiles do SERGAS realizarán tests de antíxenos á poboación que non dispoña da pauta completa de vacinación e emitirán o correspondente certificado

23/07/21 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A iniciativa Instagrammers no Camiño colleitou máis de 13 millóns de impactos

Os participantes nesta proposta, Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, xeraron milleiros de likes, comentarios e reproducións de vídeos cos cancelos #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaAGalicia

23/07/21 | 16:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia ofrece a máxima colaboración ao concello de Moeche a través da rede de información provincial sobre proxectos eólicos

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, reuniuse coa alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, para informarlle sobre a situación das iniciativas que se están a presentar relativas a este concello