Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/07/21 | 15:47 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete presume do nivel do surf galego que trae “os mellores eventos do mundo ás mellores praias do mundo”

O Junior Qualifying Series 1.000 Gadis Junior Prol Ferrol que se celebra do 22 ao 25 de xullo na praia de Doniños é a segunda proba do circuíto júnior da World Surf League, considerado o mellor do mundo

23/07/21 | 15:41 | C. de Facenda e Administración Pública

Os fogares galegos aforraron 136 millóns de euros en 2020 polas baixadas fiscais da Xunta nos impostos de sucesións e transmisións patrimoniais

A Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) publica hoxe o seu informe xeral de actividade correspondente ao ano 2020

23/07/21 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove a creación de proxectos anovadores de danza e artes vivas coas residencias paraíso na Cidade da Cultura

O colectivo Octopus to de party e a artista María Llanderas participan nas residencias escénicas no Gaiás con dous proxectos que amosarán ao público esta tarde e o 6 de agosto no Salón Teatro.

23/07/21 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra a decisión do Tribunal Constitucional de levantar a suspensión da Lei de Saúde de Galicia

O pleno do TC avala a aplicación da norma, coa excepción do punto referido á vacinación, unha cuestión que a Xunta xa tratara de acordar co Estado na comisión bilateral, pero que o Goberno central non quixo abordar

23/07/21 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As afeccións das liñas de gas e de media tensión e a falta de autorización do ministerio de Transportes obrigan a unha suspensión temporal das obras da vía Ártabra

As afeccións aos servizos de media tensión e da liña de gas, unidos á falta de permiso para continuar coa conexión coa autoestrada de titularidade estatal impiden, neste momento, seguir coa execución dos traballos na traza

23/07/21 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As forzas de seguridade extremarán os controis na fin de semana para vixiar que se cumpran as medidas adoptadas contra a covid

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu a reunión da Sala de Control de Operativos (Sacop) na que participaron representantes das forzas de seguridade

23/07/21 | 14:44

A Xunta inviste 600.000 euros na nova oficina de emprego que Verín estreará en 2022

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe Verín, que contará o próximo ano cunha nova oficina de emprego na Avenida de Sousas, cuxas obras comezarán antes de rematar 2021

23/07/21 | 14:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sufraga melloras na escola infantil de Mos-Porteliña por un importe de 47.000 euros

Actuarase sobre a ventilación, a iluminación e o illamento térmico do equipamento

23/07/21 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta actualiza a orde de axudas para financiar a adquisición de vehículos para os corpos das policías locais, que agora deberán ser híbridos ou eléctricos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou hoxe en rolda de prensa as axudas que están destinadas para o financiamento de vehículos eléctricos ou vehículos híbridos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental

23/07/21 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto dunha firma lucense que incorporará a ‘street view’ unha representación virtual do Camiño Francés

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Palas de Rei na presentación da iniciativa ‘Camiño Visor’, que percorre a pé a ruta entre Pedrafita e Santiago capturando imaxes panorámicas en 3D que despois difundirá a nivel global