Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

22/07/21 | 10:14 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 13.963 casos activos por coronavirus

Un total de 129.036 pacientes xa están curados

21/07/21 | 21:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta reúnese coa hostalería e co ocio nocturno para explicarlles as novas medidas que se porán en marcha esta fin de semana

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse con representantes de ambos sectores para avaliar a nova situación epidemiolóxica en Galicia e como afecta aos seus negocios

21/07/21 | 20:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa á veciñanza de Ordes das recomendacións necesarias para aforrar na factura da luz

A xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, asistiu esta tarde na Casa da Cultura a unha charla organizada polo Goberno galego para tratar de resolver as dúbidas xeradas con respecto á nova tarifa e aos tres períodos horarios

21/07/21 | 16:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Patrimonio Cultural autoriza o proxecto de mellora da iluminación na subida ao Monte da Guía e require completar a documentación respecto á Ermida

No caso da primeira actuación, informa favorablemente a súa totalidade, aínda que suxeito a condicionantes; e na segunda, reclama resolver as incongruencias entre os proxectos do Concello e o que este presenta en conxunto coa Diocese de Tui-Vigo

21/07/21 | 16:43 | C. de Política Social e Igualdade

Gabriel Alén salienta o éxito de participación nos campamentos de verán da Xunta

O delegado territorial subliñou que durante o ano pasado Galicia foi das poucas Comunidades que mantivo a campaña de verán e logrou que se desenvolvera sen incidentes, xa que non se rexistrou ningún caso positivo

21/07/21 | 16:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta traballa na seguinte edición do Plan de patrocinio cunha reunión co colectivo do fútbol feminino

Os representantes dos clubs galegos amosaron a súa satisfacción co Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia que nesta tempada beneficia a 231 equipos patrocinados con 3,15 millóns de euros

21/07/21 | 16:00 | C. do Medio Rural

Galicia e as demais comunidades cantábricas avaliarán a proposta de ecoesquemas da PAC que presentará o Ministerio de Agricultura

A Xunta valora o carácter receptivo e colaborador do Goberno Central, pero insiste en demandar que estas axudas ambientais contemplen as particularidades da España húmida

21/07/21 | 15:58 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a presentación da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas para afondar na calidade e a venda e garantir a remuda xeracional

“Estamos a falar dunha iniciativa conxunta do sector, a Xunta e a Fundación Juana de Vega, dotada con máis de 700.000 euros”, precisa