Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/06/21 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a construción dunha senda peonil na estrada AC-413 no concello de Ordes

Os traballos, adxudicados por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo estimado de 2 meses

25/06/21 | 13:31

A Xunta enxalza a capacidade da conserva galega de reinventarse ante a crise da Covid-19 e a súa aposta constante pola innovación

A titular de Mar salienta o labor desenvolvido polo sector transformador durante a pandemia, no que intensificou a busca de novas oportunidades de negocio, potenciou as vendas en liña e reforzou a aposta pola exportación

25/06/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras na Ponte de Baio, en Zas, fan necesario un corte de tráfico a partir do luns para acometer demolicións

As catas constataron que os voadizos das beirarrúas teñen maior dimensión da prevista e ao demolelas cómpre cortar o tráfico ata o 17 de xullo, habilitando un paso para peóns

25/06/21 | 13:02 | C. do Medio Rural

A execución financeira do programa de desenvolvemento rural de Galicia acada a finais do ano 2020 o 70% e supera a media nacional e da UE

Así o constatou hoxe o Comité de Seguimento do PDR de Galicia 2014-2020, que estivo presidido polo secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e no que participaron responsables das diferentes administracións e representantes de organizacións e axentes sociais

25/06/21 | 12:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
25/06/21 | 12:54

A Xunta activa a plataforma dixital de núcleos rurais en estado de abandono e anima aos concellos a incorporar inmobles baleiros

O Goberno galego quere implicar na difusión do proxecto á Fegamp, ao Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia e ao Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña, cos que acaba de asinar un convenio de colaboración

25/06/21 | 12:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta o vehículo adaptado que Aspas adquiriu con cargo á orde do 0,7% do IRPF

Este coche permitirá que os usuarios do centro de día situado nas aforas de Santiago poidan participar en actividades no exterior

25/06/21 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra o incremento de vendas e de número de operadores de agricultura ecolóxica en 2020

Estes datos veñen recollidos no informe de actividade do Craega correspondente ao ano pasado

25/06/21 | 12:29

A Xunta formaliza o contrato para acondicionar un paseo peonil no entorno do Mosteiro das Bernardas, en Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que as obras foron adxudicadas por 205.000 euros e teñen un prazo de execución de tres meses