Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/06/21 | 12:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os concellos da comarca viguesa recibirán axudas da Xunta por case 524.000 € para promover a conciliación e loitar contra a violencia de xénero

A través destas concesións a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e a corresponsabilidade, a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero dáse cobertura con estas axudas ao 89% da poboación galega

25/06/21 | 12:26

A Xunta e o Concello de Frades colaborarán para facer repoboacións piscícolas nos ríos do municipio

Durante a xuntanza tamén analizaron as posibilidades de que ambas administracións cofinancien un proxecto municipal de humanización da contorna dunha praza pública

25/06/21 | 12:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo programa 'Propulsa' da Xunta levará a danza de 30 compañías a 27 espazos singulares de toda Galicia

Román Rodríguez presenta esta nova iniciativa de difusión das artes do movemento conxuntamente coa paisaxe e o patrimonio

25/06/21 | 11:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta fai un balance positivo do curso escolar, onde a ventilación e o uso da máscara foron clave para conter a transmisión da pandemia nas aulas

O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade destaca no Parlamento que a porcentaxe de alumnos afectados pola covid foi practicamente igual en todos os grupos de idade e etapas educativas malia teren medidas diferentes

25/06/21 | 11:20 | C. de Sanidade

A Xunta ten xa rematado o proxecto de ampliación do hospital de Santiago que aumentará a súa superficie en case un 30%

Esta obra unirase á xa rematada da nova unidade de ictus e ás xa adxudicadas de reforma da farmacia hospitalaria e da UCI

25/06/21 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García subliña a importancia do Camiño de Santiago no fomento da lingua galega, con motivo da presentación dunha guía sobre o itinerario portugués

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ‘Un galego no Camiño Portugués’, un traballo de Xosé Benito Reza editado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

25/06/21 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informou que a Xunta apoiou na comarca de Santiago a 216 autónomos con axudas de máis de 495.000€

O delegado da Xunta destacou que estas achegas poden destinarse a servizos e investimentos dos traballadores por conta propia que conten cunha antigüidade superior aos 42 meses

25/06/21 | 10:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Cela remata hoxe o ciclo 'Mazurca para dous poetas' que visibiliza aos novos talentos

A iniciativa, na que se unen literatura e música ao aire libre, contará esta tarde coa participación de Berta García Faet, Juan Andrés García Román e o grupo Chicharrón

25/06/21 | 10:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para solicitar praza nos 13 novos másteres de FP e en 99 proxectos de Dual

Tamén se inicia o período de solicitude para os ciclos formativos do réxime ordinario, modular para as persoas adultas e programas formativos básicos

25/06/21 | 10:35

A Xunta somete a información pública o Plan básico municipal de Riotorto por un prazo de dous meses

O documento, o primeiro instrumento de ordenación co que contará este concello lucense, clasifica o municipio nun único ámbito de solo urbano, delimita un total de 67 núcleos rurais e identifica 118 elementos significativos do seu patrimonio natural e cultural