Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Política Social salienta o indispensable labor das escolas infantís para formar á sociedade do futuro
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro San José de Gondomar, un dos máis grandes de Galicia con 148 prazas, que xa aplica a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos
Luis López anima a concorrer ás axudas para a recuperación de vivendas e espazos na primeira área de rehabilitación integral de Ponteareas
O delegado territorial da Xunta presenta no concello, xunto á alcaldesa, Cristina Fernández, a estrea da ARI en Ponteareas, que abrangue unha superficie de case dez hectáreas con 518 vivendas na contorna das prazas Maior e da Bugallal
Feijóo salienta que a Xunta impulsará ata finais de ano actuacións para a mellora de 28 albergues públicos en sete rutas do Camiño
Resalta a aprobación do decreto polo que se actualiza a regulación da marca Xacobeo 21-22, despois da prórroga do Ano Santo
Arias afirma que Galicia "é líder en calidade turística e fiabilidade" grazas a medidas pioneiras como o seguro coronavirus
O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou o hotel balneario de Lugo, un dos establecementos lucenses distinguidos coa Q de Calidade que está adherido ao programa do Bono Turístico
A Xunta aproba un novo reforzo dos programas de investigación das universidades galegas
Feijóo avanza unha inxección de 9,3 millóns de euros dirixida ás universidades da Coruña e de Vigo, dous convenios aos que se sumará, posteriormente, o da Universidade de Santiago
A Xunta publica no DOG a renovación da encomenda á empresa pública Seaga do control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas, cun investimento de preto de 1,5 M€
O contrato ten unha vixencia de 12 meses e impulsa a roza de vexetación no dominio público das vías para a prevención de lumes, a mellora da visibilidade e o reforzo da seguridade viaria
A Xunta sinala como piares da campaña de verán a conciliación, o ocio responsable e a creación de emprego
No pasado ano estas actividades permitiron a creación de 650 contratos no sector do tempo libre
A Xunta e a Cámara de Comercio de Santiago forman a medio centenar de mozos emprendedores do eido cultural e creativo
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a importancia de “apoiar e mellorar a competitividade do sector cultural e dos seus profesionais, especialmente no caso dos mozos e mozas que procuran novas oportunidades de capacitación”