Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta achegará máis de 123.000 euros a un proxecto de colaboración para a mellora xenética do porco celta co fin de potenciar a competitividade desta raza
Así o avanzou hoxe o director da Agacal, José Luis Cabarcos, nunha visita a unha explotación de porco celta en extensivo no concello lugués de Friol, na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias
A Xunta colabora co Concello da Guarda na reforma das dependencias municipais para mellorar a calidade dos servizos prestados aos cidadáns
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, a reforma na oficina de turismo e na do padrón e o novo equipamento do salón de actos e da sala de usos múltiples
Galicia e o Norte de Portugal impulsan a eficiencia enerxética e a protección do medio ambiente nas súas instalacións de cultivos mariños
O proxecto Acuaenergy, avalado pola Xunta e liderado polo Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura, constata que o sector podería aforrar un 30% do seu consumo enerxético anual e reducir en 9.900 toneladas as emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro con certas melloras neste eido
A Xunta convoca esta fin de semana en Silleda a máis de 2.600 persoas para as probas de competencias clave
Trátase da décimo quinta edición duns exames pensados para aquelas persoas que non teñen ESO ou Bacharelato e desexan acceder á Formación Profesional para o Emprego
Portos de Galicia inicia as obras de construción dun pantalán de pasaxe e a ampliación do da escola de vela de Pontecesures
A Xunta inviste 100.000 euros nesta actuación que conta cun prazo de execución previsto de dous meses
Galicia acadou os 9 millóns de metros cúbicos de madeira aproveitada en 2020
Trátase dun dato que pode atoparse na nova plataforma web da Xunta de Galicia, que permite obter información do sector forestal da comunidade e crear series históricas de datos
A Xunta adxudica por máis de 890.000 euros as obras de mellora do firme na estrada PO-212 entre Rodeiro e Agolada
Os traballos empezarán na segunda quincena de xullo e terán un prazo de 6 meses
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do concello de Valga da estrada autonómica PO-190 en Ferreirós
Transfírense un treito de 730 metros de modo previo á licitación da 2ª fase de urbanización desta vía, que financiará a Administración autonómica cun investimento de máis de 530.000 euros
O DOG publica a orde de axudas a escritores, ilustradores e tradutores para participar en festivais e feiras do libro
Os profesionais poderán recibir entre 250 e 1500€ dependendo do destino e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2021