Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta traslada á Fegamp que o 98% dos concellos galegos quedarán fóra dos fondos estatais para as actuacións de renaturalización e resiliencia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda informa que, segundo o criterio de reparto que fixa o Goberno central, os beneficiarios desta liña de incentivos son só as cidades de máis de 50.000 habitantes
Galicia rexistra un total de 1.305 casos activos por coronavirus
Un total de 125.102 pacientes xa están curados
A Casa Museo Rosalía de Castro de Padrón acolle este sábado o IV encontro do ciclo “Xacobeo peregrinas”
Será a primeira destas xornadas multidisciplinares arredor da muller e o Camiño que contará coa presenza de público, grazas á mellora na incidencia do coronavirus
O proxecto "Camiño de historias" impulsado no marco do programa “O teu Xacobeo” promociona as rutas xacobeas
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde na presentación da web audiovisual coa que se da a coñecer varios itinerarios a través de máis dun cento de vídeo-historias cos relatos sobre as experiencias dos peregrinos
A Xunta exixe a retirada do recurso contra a reforma da Lei de saúde de Galicia tras non recorrer o Goberno o mesmo texto en Baleares
O titular de Sanidade cualificou de partidista e inadmisible a decisión do Goberno central de interpór un recurso contra a Lei de Saúde galega, cando non o fixo contra un texto idéntico presentado polo goberno das Illas Baleares
A Xunta apoiará a incorporación de 250 socios en 120 cooperativas con axudas desde 6.000€ a través do programa Aprol Economía Social
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe no Parlamento que esta iniciativa conta cun orzamento de 3,3 millóns, un 8,15% máis que en 2020
A Xunta e Dihgigal avalían o desenvolvemento deste hub galego de innovación dixital
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión con representantes desta iniciativa que ten por obxectivo apoiar ás pemes nos seus procesos de transformación dixital
A Xunta avoga pola corresponsabilidade e a conciliación para mellorar o clima laboral, a retención do talento feminino e a vida familiar
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o webinario da Xunta ‘A corresponsabilidade e a conciliación na realidade da empresa’
Ethel Vázquez salienta que a Xunta investiu case 25 M€ na última década en obras para reforzar a seguridade viaria e a mobilidade no Concello de Nigrán
Asegura que Nigrán é un dos municipios galegos que concentra máis esforzos do Executivo autonómico en materia de estradas e de seguridade viaria
Portos de Galicia lembra aos promotores de eventos que deben planificar a súa tramitación segundo a orde vixente
A normativa reguladora, que ten como obxectivo garantir a seguridade das persoas e compatibilizar os usos das dársenas, está dispoñible na web de Portos de Galicia, onde se pode tramitar en liña o permiso