Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/06/21 | 17:07

Ángeles Vázquez subliña que Sogama é a planta máis eficiente de Europa con capacidade para tratar ata 3 millóns de quilos de residuos ao día

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que esta planta de valorización conta con tecnoloxía de vangarda e de última xeración coas que manter todas as súas emisións por debaixo dos límites

23/06/21 | 16:56 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez subliña que Galicia é a comunidade que máis está a facer na loita contra a temporalidade

Defendeu que para poder acabar coa temporalidade o Goberno de España debe eliminar xa as taxas de reposición tal e como lle solicitou Galicia en reiteradas ocasións

23/06/21 | 16:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Goberno retomarán os contactos con Icomos en setembro e ampliarán o grupo de traballo na candidatura da Ribeira Sacra

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou no Parlamento de Galicia as actuacións que porán en marcha os técnicos do Ministerio e da Consellería de Cultura para avanzar na declaración como Patrimonio Mundial deste territorio

23/06/21 | 16:04 | A Presidencia da Xunta

Feijóo afirma que a Xunta seguirá defendendo o dereito dos galegos ás herdanzas en vida e pide ao Goberno que dea marcha atrás cunha rectificación total

“Non estamos de acordo, non o imos aceptar e, se fose necesario, acudiremos ao Tribunal Constitucional”, di

23/06/21 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 061 de Galicia aconsella precaución co consumo de alcohol, a condución e o lume das fogueiras na noite de San Xoán

A Central de Coordinación do 061 reforza o seu persoal ante o incremento do número de chamadas por intoxicacións, accidentes de tráfico e queimaduras

23/06/21 | 15:37 | Secretaría Xeral de Emigración
23/06/21 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as primeiras axudas para que as comunidades de traídas veciñais instalen medidores de caudal e detecten fugas de auga nas instalacións

Os incentivos oscilarán entre os 6.000€ para comunidades de ata 50 membros e os 12.000 para as de 51 ou máis integrantes, e poderán solicitarse desde mañá e ata o 23 de xullo

23/06/21 | 14:39

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Ferreira de Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no acto de entrega de chaves aos novos adxudicatarios