Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

23/06/21 | 12:13 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.269 casos activos por coronavirus

Un total de 125.018 pacientes xa están curados

23/06/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Anxo M. Lorenzo salienta o impacto da figura de Pérez Lugín e da Casa da Troia na literatura e na novela estudantina

O secretario xeral de Cultura participou na inauguración da mostra ‘Lugín en Compostela. 150 anos do seu nacemento’ no Museo da Casa da Troia co que a Xunta de Galicia vén de renovar a súa colaboración anual

23/06/21 | 12:01 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social anuncia que as residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño reabrirán as súas portas para acoller estadías familiares na tempada de verán 2021

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, achegouse ao concello ourensán para adiantar a publicación da convocatoria

23/06/21 | 11:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anuncia unha nova licitación que eleva a 500.000€ o investimento da Xunta no campamento romano de Ciadella

O delegado da Xunta visitou o xacemento para comprobar a zona na que se van a levar a cabo os traballos arqueolóxicos

23/06/21 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso de formación para a extinción de incendios no que participan 536 xefes de brigada e peóns condutores

A formación está enfocada ás manobras para o manexo de auga, retardantes, emprego de lume técnico e tácticas asociadas a un escenario múltiple que recolla tanto a interface forestal como a rural ou a urbana

23/06/21 | 10:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros educativos poderán acollerse a 42 programas de innovación educativa a través do Plan Proxecta+ o próximo curso

A Xunta abre a convocatoria para o 21-22, con accións enfocadas á mellora da calidade a través de actuacións no eido da igualdade e a coeducación, a competencia dixital a promoción da saúde, a educación intercultural ou a transición ecolóxica

22/06/21 | 21:21 | C. de Sanidade

Sanidade establece o nivel medio de restricións nos concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio

O comité clínico reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos

22/06/21 | 18:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará a inspección do estado dos camiños para garantir a súa conservación ante o aumento de peregrinos este Xacobeo 21-22

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou no Parlamento o investimento do Goberno galego no acondicionamento, a sinalización e o embelecemento das rutas xacobeas, xunto cos 85,6M€ reservados este ano para o desenvolvemento do Ano Santo

22/06/21 | 18:30

A Xunta colaborará co concello de Nogueira de Ramuín na elaboración dun Plan especial de protección do embarcadoiro de Santo Estevo

Ángeles Vázquez coñeceu o proxecto que o rexedor quere levar a cabo para compatibilizar a actividade turística e a preservación dos valores da Ribeira Sacra