Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/06/21 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A profesora Iria Collazo gaña a primeira bolsa do programa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, felicitouna polo seu proxecto, seleccionado entre as dez candidaturas presentadas

24/06/21 | 14:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a internacionalización do audiovisual galego con axudas para a difusión en foros e festivais

Agrúpanse nunha mesma convocatoria, publicada hoxe no DOG, as subvencións para a promoción de traballos seleccionados en recoñecidos certames dunha vintena de países e para a asistencia a mercados profesionais

24/06/21 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiará a 81 concellos da provincia de Ourense con programas e medidas de igualdade

Na provincia de Ourense, 81 concellos recibirán este ano o apoio da Xunta con un investimento de case 1,8 M de euros a programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia, co dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero

24/06/21 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda para executar 70 actuacións de mellora da seguridade na rede viaria autonómica no entorno dos camiños de Santiago, que suporán un investimento de 1,4M€

Trátase de reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos cruzamentos das estradas autonómicas coas rutas xacobeas, ou nos treitos da traza coincidentes, para favorecer unha mobilidade máis cómoda e segura para peregrinos e veciños

24/06/21 | 13:31 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia con case 3M€ a contratación de 211 desempregados para a prevención de incendios en 90 concellos e dúas mancomunidades de Ourense

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural para este ano, que permitirá a contratación de 505 persoas sen emprego en 284 concellos galegos grazas a un investimento de 7 millóns de euros

24/06/21 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita dous contratos para impulsar a dixitalización e a innovación na xestión integral das estradas autonómicas, cun investimento de 1,8 M€

Permitirán poñer á disposición dos cidadáns unha gran cantidade de información, mellorando a transparencia, optimizando os recursos da administración e aforrando custos e tempo nas tramitacións administrativas

24/06/21 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén anuncia a licitación das obras da cuberta do patio do CEIP Nosa Señora de Xuvencos no Concello de Boborás

O delegado territorial anunciou a inminente licitación da cuberta do patio do centro escolar por un importe aproximado de 125.000 euros e un prazo de execución de tres meses

24/06/21 | 13:18 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a consolidación do sector apícola galego ao aumentar o número de explotacións un 35% nos últimos dez anos e duplicar o de colmeas ata chegar ás 200.000

Trátase dun dos sectores produtivos máis novos do agro galego, xa que a idade media dos apicultores galegos profesionais é a segunda máis baixa de España

24/06/21 | 13:13 | C. de Economía e Industria

As obras de remodelación da praza de abastos de Noia comezarán no segundo semestre do ano

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o mercado, que se dotará dunha imaxe moderna para contribuír a súa consolidación como motor do comercio local

24/06/21 | 13:10 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta polos polígonos agrarios para aumentar a superficie de viñedos en beneficio das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitícolas da comunidade

Inés Santé destacou que as propias denominacións delimitaron preto de 4.500 hectáreas de superficie para a posible implantación de polígonos de vide, engadindo que actualmente este tipo de cultivos están caracterizados polo minifundismo, o que diminúe a súa rendibilidade