Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Román Rodríguez salienta a suma de vontades institucionais dos últimos dez anos como clave para garantir a completa posta a punto da Catedral de Santiago
Traslada ao ministro a necesidade de manter este espírito de colaboración tamén durante a celebración do bienio Xacobeo, especialmente estratéxico para a recuperación de Galicia
A Xunta aproba o proxecto sectorial do ámbito do futuro Campus do Mar de Vigo que acollerá o Instituto de Investigacións Mariñas
Trátase dunha zona de máis de 16.000 m2, localizada na antiga ETEA, na que se implantará un novo complexo altamente especializado promovido polo CSIC e chamado a ser un referente internacional
Axentes de Gardacostas e da Garda Civil interceptan en Cee a un furtivo con máis de 30 quilos de marisco extraídos de xeito irregular
O operativo conxunto permitiu requisar 25 quilos de ameixa e algo máis de sete de berberecho que foron sementados nas proximidades do espigón do peirao, onde foran extraídos mediante técnicas de mergullo asistido
A Xunta colabora na atención das necesidades de auga, abastecemento e hixiene da poboación refuxiada na República Democrática do Congo
O Goberno galego activa o convenio con Farmamundi para mellorar o acceso ao almacenamento de auga e as condicións de saúde e hixiene de 2.400 persoas das proximidades da zona afectada pola erupción do volcán Nyirangondo
A Xunta convoca prazas de residencia para estudantes de ciclos formativos e de bacharelato no curso 2021/22
A Consellería de Educación oferta estas vacantes nos Centros Residenciais Docentes (CDR) da Coruña, Ourense e Vigo
Os grupos de acción local do sector pesqueiro contan con máis de 16 millóns de euros de apoio da Xunta para desenvolver proxectos no litoral galego
Susana Rodríguez expuxo que o crédito inicial da convocatoria de axudas de 2021 aos proxectos dos GALP era de 15,3 millóns de euros e que se incrementou en máis de 700.000 euros
A Xunta colabora na aposta pola música en galego da Fundación SGAE co ciclo de concertos 'Acento'
As actuacións de Pauliña e Tanxugueiras o domingo 20 e de Grande Amore o luns 21 conforman o cartel que se despregará na terraza da sede da SGAE en Santiago
A Xunta inicia este sábado as maiores oposicións de Educación da historia con 132 sedes en 23 localidades de toda Galicia para máis de 25.000 persoas
Trátase tamén da convocatoria con máis prazas, un total de 3.894
A Xunta abrirá un campus virtual que impartirá toda a oferta autonómica de formación para o emprego
María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade, abriu a IX edición da Feira de Emprego organizada pola Cámara de Comercio da Coruña