Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta promove en Muros a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas
A exposición ‘Enredadas’, que reúne os resultados dos cursos de formación para redeiras artesás galegas, estará aberta ao público no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón desde mañá, 18 de xuño, ata o próximo 18 de xullo
Mañá abre o prazo para solicitar o Bono concilia, ao que a Xunta destina un orzamento de 2M€
Trátase dunha axuda directa para as familias cuxo primeiro fillo non obtivo praza nun centro público
A Xunta tramita a inscrición de parte do monte O Castro do concello ourensán de Cartelle no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas autóctonas
En concreto, inscribiranse 59,56 hectáreas compostas por bidueiros, salgueiros, castiñeiros e carballos
A Xunta sinala que os premios de AJE Galicia exemplifican a capacidade de innovación do tecido empresarial galego
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Narón na entrega dos ‘X Premios Joven Empresario/a e Iniciativa emprendedora de Galicia’
Conde apela á coordinación entre administracións para conseguir unha planificación ordenada do sector eólico
Subliña que, para a Xunta, o cumprimento das directrices ambientais é unha premisa esencial na tramitación de todo proxecto eólico
Nava Castro enxalza o papel do Xacobeo de cara á reactivación do turismo náutico na chegada a Muros da Travesía Xacobea "Navega o Camiño"
A directora de Turismo de Galicia recibiu aos navegantes que participan nesta peregrinación por mar, organizada polas asociacións náuticas coa colaboración da Xunta para poñer en valor o sistema portuario autonómico
A Xunta aposta pola promoción da construción con madeira para contribuír á reactivación económica
O director da Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde en Santiago de Compostela nun webinario sobre o impulso deste material enmarcado no Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima da Unión Europea
Lete Lasa presenta ao novo equipo galego de novos alpinistas como os deportistas máis completos da escalada, que será olímpica en Toquio
Anima aos galegos e galegas a realizar escalada e lembra que a Federación Galega de Montañismo conta con 6.218 licencias, sendo o 60% homes e o 40% mulleres, unha porcentaxe que se achega aínda máis nas 618 licencias 6-16, co 55% de nenos e o 45% de nenas
A Xunta presenta a nova plataforma de estatística forestal nunha xornada virtual dirixida ao sector
A plataforma dixital está orientada a que os cidadáns poidan crear os seus propios anuarios estatísticos
A Xunta inaugurará o vindeiro 29 de xuño en Vigo o albergue de peregrinos Juan Manuel López-Chaves
O aloxamento do Berbés, cunha inversión de 1,6 millóns de euros, permitirá acoller a 93 persoas nun edificio de seis plantas dando resposta á demanda de peregrinos