Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta entrega o premio do Certame ‘Cooperativismo na escola’ a alumnado de Barreiros, Redondela, Moaña e Oleiros
Covadonga Toca, directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, entregou hoxe no Salón Teatro de Santiago de Compostela os premios do certame `Cooperativismo na Escola´ ao alumnado de infantil e primaria
A Xunta apoia a candidatura a Xeoparque de Cabo Ortegal no Comité Español que avalía as propostas
A Consellería de Medio Ambiente subliña a riqueza xeolóxica desta zona como punto forte da iniciativa impulsada polos sete concellos que conforman a comarca de Ortegal
Xunta e universidades sentan as bases do mapa de titulacións do sistema universitario de Galicia ata 2026, que suporá a implantación de 15 novos másteres e unha ducia de graos
Román Rodríguez subliña que este acordo é o resultado do "diálogo e o entendemento a prol da innovación, do talento universitario, do benestar social e do crecemento produtivo"
A Xunta destaca o papel da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no fomento da cooperación en ámbitos como a cultura, o turismo ou a innovación
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, explicou no Parlamento galego que a AECT foi a encargada de elaborar o Plan de Investimentos conxuntos de ambas rexións de cara á captación de fondos europeos no período 2021-2027
Medio Ambiente inicia a información pública do Plan Básico Municipal de Porqueira
Trátase do primeiro instrumento de ordenación urbanística deste concello
A Xunta enxalza a tecnoloxía e a dixitalización como pezas clave no futuro do medio rural galego
Inés Santé puxo en valor varios proxectos tecnolóxicos que desenvolve a Consellería do Medio Rural en canto á ordenación e xestión do territorio
A cuarta campaña de voluntariado de WWF no parque das Illas Atlánticas comeza mañá para obter datos sobre o medio mariño e as aves mergulladoras
Ata o vindeiro mes de setembro organizaranse catro quendas de traballo de 13 días de duración e cada equipo estará integrado por catro voluntarios e mais os monitores
Galicia urxe a mellorar a gobernanza nas negociacións futuras das cotas de pesca nas augas compartidas entre a Unión Europea e o Reino Unido
A comunidade galega advirte da necesidade de adecuar as cotas de pesca ás circunstancias dos caladoiros e das frotas e de evitar que se sente un precedente negativo de cara as seguintes negociacións
A Xunta e Oviganic Ibérica impulsan o sector ovino e cabrún en Galicia coa sinatura dun acordo para a compra do leite que produza este gando na nosa comunidade
O Goberno galego e a empresa lucense comprométense a traballar para incrementar o número de explotacións de ovino e de cabrún na nosa comunidade e para asegurar a viabilidade dos proxectos de industrialización asociados, apostando pola transformación estable en Galicia