Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/06/21 | 16:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de acondicionamento e rehabilitación da ponte de Baio, en Zas, que suporán un investimento de 328.000 euros

Esta intervención na ponte sobre o río Grande, na estrada AC-552, ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade peonil, de xeito que se facilite a mobilidade entre ambas as ribeiras do río

14/06/21 | 16:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura reforza o seu programa de visitas con itinerarios centrados en arte, arquitectura, natureza e o Camiño de Santiago

A Xunta engade á actual oferta de visitas comentadas ás exposicións, novos percorridos guiados de martes a domingo, de balde e con reserva previa

14/06/21 | 15:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo de adhesión a Fest Galicia 2021 cun incremento de ata 500.000 euros en patrocinios

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aumenta un 25% a dotación destinada o pasado ano aos principais festivais galegos de música asociados á marca

14/06/21 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/06/21 | 15:14

A Xunta felicita aos equipos de ‘Ons’ e ‘A illa das mentiras’ polos 14 premios Mestre Mateo e agradece a súa achega para dar a coñecer o Parque Nacional

A responsable autonómica salienta o peso que teñen en ambas películas a paisaxe e a natureza galegas e cre que servirán de escaparate internacional e como reclamo turístico

14/06/21 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Esta tarde ábrese ao tráfico a zona entre o campo de Conxo e a nova glorieta de Televés no marco das obras de integración do Camiño de Santiago

Os vehículos poderán acceder ao Campo de Conxo desde a SC-20, glorieta Conxo, sentido Benéfica de Conxo, quedando para uso exclusivo de autobuses urbanos e coches autorizados o acceso desde a nova glorieta de Televés

14/06/21 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia sumará o próximo curso 11 anos seguidos cos prezos medios de matrícula universitaria máis baixos de España

O Consello Galego de Universidades informa favorablemente a conxelación dos prezos públicos por décimo primeiro ano consecutivo, consolidando a nosa Comunidade como a referencia

14/06/21 | 14:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza co Inta no deseño do polo aeroespacial de 2025 co obxectivo de consolidar Galicia como un referente no sector

A nova Estratexia 2021-2025 contempla a atracción de 4 a 8 empresas tractoras da industria aeroespacial e a participación de máis de 200 empresas, sobre todo pemes