Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Festival Atlántica levará este verán a narración oral a espazos patrimoniais de 27 localidades co apoio da Xunta
O secretario Xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na rolda de prensa de presentación da novena edición deste certame que se celebrará do 1 ao 11 de xullo con máis de 30 artistas
A Xunta subliña o papel de xestores administrativos e graduados sociais na axilización das axudas do 3º Plan de rescate
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, celebra hoxe sesións informativas sobre o plan cos xestores administrativos, graduados sociais, o Clúster de Turismo e o Foro pola Economía Social Galega
Máis de 1.100 profesionais incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta para diversas categorías sanitarias e de emprego social
O DOG publica hoxe estas listas provisionais de admitidos e excluídos de forma anticipada para ter maior dispoñibilidade de profesionais para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos
A Xunta reabre hoxe a metade de albergues da rede pública, cinco deles no Camiño Francés
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, na que destacou a implicación desta entidade na promoción da ruta máis transitada polos peregrinos
A Comisión Galega de Protección Civil aproba por unanimidade a revisión do Plan de salvamento en praias de Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participaron na reunión na que se actualizou este plan que fixa a coordinación ante emerxencias dos servizos de prevención e emerxencias
A Xunta entrega o premio do certame ‘Cooperativismo na escola’ a alumnos do IES Valadares de Vigo
A directora de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, presidiu hoxe no Salón Teatro de Santiago de Compostela o acto virtual de entrega dos premios de cooperativismo en educación secundaria que recaeu no centro vigués
A Xunta apoiará actuacións de eficiencia enerxética nas explotacións agropecuarias de Galicia que mobilizarán 9,4M€
O prazo de solicitude desta convocatoria, de concorrencia non competitiva, estará aberto do 22 de xuño ao 31 de decembro
A Xunta acomete hoxe o formigonado da plataforma da nova ponte de Valdriz, en Láncara
O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que a ampliación da estrutura, que pasa de 6 a 10,5 metros, enmárcase nas obras de construción dunha senda peonil e ciclista na LU-621
Fabiola García anuncia que Galicia desenvolverá un plan pioneiro de formación para profesionais de atención temperá
O Goberno galego incrementou as unidades de atención ao pasar das dúas existentes no ano 2009 ata as 39 que existen na actualidade
A Xunta solicítalle ao Concello de Foz a documentación municipal para impulsar a execución da nova EDAR, unha vez emitida a declaración de impacto ambiental
A Xunta trata de axilizar a licitación da redacción do proxecto construtivo e a execución das obras da depuradora de augas residuais, que suporá un investimento de máis de 12,2M€