Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

07/01/20 | 18:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta garante que seguirá financiando a construción do centro de día de Malpica

Fabiola García propón asinar un novo convenio polo mesmo importe ca o anterior, malia que o Concello perdeu o anterior por non iniciar as obras a tempo

07/01/20 | 16:29 | C. de Política Social e Igualdade

A provincia de Lugo contará en 2020 con 19 casas niño, un servicio de conciliación e atención á infancia no rural, gratuíto para as familias usuarias

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Política Social vén de autorizar a creación e financiamento de tres novas casas niño nos concellos de Baleira, Ribas de Sil e Navia de Suarna

07/01/20 | 13:39 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

As escolas infantís de Galicia serán gratuítas para o segundo fillo e sucesivos a partir do 1 de abril

A gratuidade implantarase tanto nas escolas infantís públicas da Xunta como nas concertadas e tamén nas privadas e de iniciativa social que desexen acollerse

05/01/20 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García visita a residencia de Panxón, na que 130 persoas maiores participan no programa Xuntos polo Nadal

Esta iniciativa, que procura que os participantes pasen estas datas en compañía, acolle a 295 persoas maiores entre os centros de Nigrán, Carballiño e, por vez primeira, o espazo xuvenil Lug II

04/01/20 | 11:36 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Fundación Monte do Gozo colaborarán na reinserción social e laboral dos mozos atendidos por esta entidade

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), achegará case 28.000 euros para financiar os labores desenvolvidos pola Fundación en campos de ensaio e demostración de cultivos de horta

04/01/20 | 11:14 | C. de Política Social e Igualdade; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis de 600 profesionais empregan a Historia Social Única Electrónica

A HSUE proporciona aos profesionais da área social, tanto a nivel autonómico como municipal, un acceso único á historia social dixital a preto de 670.000 cidadáns

03/01/20 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

As nenas e nenos galegos nados a partir do de xaneiro xa teñen dereito á Tarxeta Benvida mellorada da Xunta

Increméntase un 25% a contía da axuda para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes