Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/05/21 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta somete a información pública os proxectos dos itinerarios peonís e ciclistas das estradas autonómicas OU-105, OU-536 e da Avenida de Ponferrada, no Concello de Ourense

As actuacións, cun investimento da Xunta de máis de 1,8 M€ e cun prazo de execución de seis meses, fan necesaria a expropiación de 45 fincas

07/05/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación Paideia colaboran nunha nova edición do concurso de bandas emerxentes 'Sonidos Mans'

Os grupos gañadores do certame terán a oportunidade de gravar nos Estudios Mans da Coruña e de tocar no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove

07/05/21 | 11:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita hoxe obras de reforma no colexio de Castroverde, ás que destina 322.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que está previsto renovar as carpinterías exteriores, o sistema de iluminación, a caldeira e os falsos teitos, dacordo cos criterios do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia

07/05/21 | 11:36

Xunta e empresarios da construción renovan a súa colaboración para fomentar a rehabilitación e difundir as axudas existentes

Ángeles Vázquez destaca o papel desta entidade para canalizar, entre o tecido empresarial e os particulares, os programas en materia de rehabilitación vivendas que ofrece o IGVS

07/05/21 | 10:59 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición do "monte Peniñas, Pico, Rego do Couto e Lomba" e "monte Oural e Costa" do concello de Beariz no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

En concreto, inscribiranse 51,26 hectáreas destes montes de titularidade das comunidades de montes veciñais en man común de Alvite e de Lebozán e Busto

07/05/21 | 10:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de integración paisaxística do Camiño Francés en Santiago obrigan este sábado ao corte do carril ascendente da avenida de Lugo e Rodríguez de Viguri

Mañá estenderase o aglomerado no carril ascendente de Rodríguez de Viguri, o que obrigará a habilitar itinerarios alternativos de subida para o tráfico nesa zona

07/05/21 | 10:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan de Formación Turística da Xunta ofrece este mes de maio máis de 30 cursos de transformación dixital, idiomas e xestión empresas

A directora de Turismo de Galicia participou nunha das formacións que se están xa a impartir para a mellora da xestión de restaurantes, en colaboración coa USC

06/05/21 | 20:36 | C. de Sanidade

O Sergas licitará os vindeiros días as obras do centro de saúde do Porriño no que a Xunta investirá 4,6 millóns de euros

Así o informou o xerente do Sergas, José Flores Arias, no Parlamento de Galicia, quen tamén dixo que á volta do verán a Administración sanitaria licitará a obra do centro de saúde de Moaña

06/05/21 | 20:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
06/05/21 | 19:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 1,5 millóns de euros na ampliación do IES Pedras Rubias en Salceda de Caselas

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo esta tarde unha reunión coa dirección do centro e a Anpa para explicarlles o proxecto, que xa foi encargado