Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/05/21 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 182.000€ na substitución da cuberta do CEIP Vite I en Santiago para adaptalo ao Plan de nova arquitectura pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

07/05/21 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza a bo ritmo nas obras de Valdriz e acometerá o ensanche da ponte a primeiros do mes que vén

O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe os traballos, que están a rematar coas voaduras controladas que suporán a escavación de máis de 15.000m3

07/05/21 | 13:45 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.064 casos activos por coronavirus

Un total de 117.917 pacientes xa están curados

07/05/21 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o Concello de Forcarei na compra dunha varredora e no mantemento e xestión da recollida municipal de residuos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, coñeceron as melloras realizadas no municipio ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

07/05/21 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 113.600 euros os gastos de funcionamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Ourense

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións que permitirá sufragar os gastos de agrupacións de case 190 concellos galegos de menos de 50.000 habitantes

07/05/21 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia debate con outras rexións europea sobre a recuperación do turismo, a hostalería e a restauración

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, vén de participar na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións

07/05/21 | 13:10 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa participa nunha actividade de bolos, billarda e chave no CEIP Sobreira de Valadares onde anuncia a constitución da nova Federación Galega de Deportes Autóctonos

O pasado xoves 29, o Consello da Xunta autorizaba a sinatura da addenda ao convenio de colaboración coa Federación Galega de Chave -agora Federación Galega de Deportes Autóctonos-, que en total recibe 16.000 euros

07/05/21 | 12:58 | C. do Medio Rural

A Xunta reforza a colaboración co Ligal para a realización anual de 1,5 millóns de analíticas de mostras de leite nos vindeiros catro anos

A Consellería do Medio Rural destina para estas actuacións un total de dous millóns de euros no período 2021-2024