Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/05/21 | 19:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta apela ao traballo conxunto cos axentes sociais para aproveitar as oportunidades que se abren na cadea de valor da industria galega coa dobre transición dixita e ecolóxica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, clausurou esta tarde en Ferrol o 3º Congreso CCOO Industria de Galicia

06/05/21 | 19:14

A Xunta iniciará en xuño a tramitación do proxecto de ampliación do parque empresarial do Corgo

O delegado da Xunta en Lugo explicou que o IGVS prevé licitar as obras en 2022 e poñer as parcelas a disposición das empresas en 2023

06/05/21 | 19:07 | C. de Política Social e Igualdade
06/05/21 | 18:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas complementarias do programa Erasmus+ para o alumnado de ensinanzas artísticas

A contía mensual oscilará entre os 125 e os 195 euros ao mes en función dos países de destino

06/05/21 | 17:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza o próximo inicio das expropiacións precisas para executar unha senda e mellorar a seguridade viaria na estrada PO-308 entre Fontenla e Combarro, no Concello de Poio

O director da Axencia Galega de Infraestrutura apunta á necesidade de que Concello estude a renovación dos servizos municipais do seu interese, para evitar as incidencias na súa execución, como sucedeu coas obras entre O Covelo e Raxó

06/05/21 | 17:24 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia as novas medidas acordadas polo comité clínico para seguir avanzando na apertura gradual e medida e adaptarse á nova situación que se abre co fin do estado de alarma

Destaca que desde o vindeiro domingo Galicia no seu conxunto deixará de ter peche perimetral, permitíndose a mobilidade para entrar e saír da Comunidade

06/05/21 | 17:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza un programa de intercambio literario con Xeorxia para reforzar a proxección exterior da literatura galega

Tras o éxito da Residencia Xacobeo 21-22 que fixo posible que unha das tradutoras estadounidenses máis prestixiosas traduza obras en galego, o novo proxecto fomentará o intercambio cultural e literario entre escritores

06/05/21 | 17:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a sede da Fiscalía e crea unha nova sala de espera para vítimas no edificio xudicial de Monforte

O Goberno galego contribúe á protección destas vítimas, de menores e doutros colectivos vulnerables con medidas como a implantación de salas de espera independentes

06/05/21 | 16:57

A Xunta adiantará a autónomos e empresas o 100% das axudas do terceiro Plan de rescate por medio dunha declaración responsable

O Goberno galego quere priorizar a autónomos e microempresas, que supoñen o 97% do tecido produtivo galego, así como incluír a todos os sectores produtivos afectados pola crise