Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o Concello de Castro de Rei asinan o convenio para completar a rede de abastecemento de auga do municipio cun investimento de 400.000 euros
A Xunta achegará o 80% do orzamento, 320.000 euros, e executará as obras, e o Concello de Castro de Rei contribuirá co 20% restante, 80.000 euros
Medio Ambiente asesorará a Covelo no desenvolvemento dunha nova bolsa de solo no polígono industrial das Medelas
Ángeles Vázquez trasladoulle ao rexedor que o Instituto Galego da Vivenda e Solo axudará á Administración local nos trámites necesarios para iniciar o estudo de viabilidade deste proxecto
O número de vistas gravadas nos xulgados de Galicia en marzo foi o máximo rexistrado nun mes dende que se implantou o sistema
Todas as salas das sedes xudiciais de Galicia dispoñen de equipamento eFidelius para a gravación das vistas
Feijóo salienta a aposta da Xunta por un Ferrol con máis e mellores servizos a través de proxectos como a renovación do Hospital Público ou o Plan Rexurbe
Sostén que os galardoados cos premios Ártabros acreditan que Ferrol e a súa comarca contan con persoas e institucións dispostas a construír unha cidade mellor en todos os eidos: cultural, deportivo, económico e social
A Xunta investirá preto de 900.000 € na rehabilitación integral do CEIP de Figueroa, na Estrada, cuxas obras comezarán no verán
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, explicou que as actuacións previstas abranguen o illamento térmico do edificio e unha mellor ventilación, o que repercutirá na mellora do confort para os alumnos e os docentes
Luis López solicita colaboración social co mercadiño solidario de libros da Fundación Juan XXIII de Pontevedra
O delegado territorial da Xunta asiste a esta iniciativa da entidade no quiosco da rúa Loureiro Crespo con motivo do Día Internacional do Libro
Preto de 11.ooo persoas están chamadas a participar nos cribados de detección da covid nesta fin de semana
En canto ao Plan de vacinación que está levando a cabo a Xunta de Galicia, mañá está previsto administrar 11.188 doses
Xunta e sindicatos inician a negociación da segunda fase do proceso de funcionarizacion voluntaria do persoal laboral fixo
Trátase de prazas incluídas xa na Oferta de Emprego Público de 2020 e de 2021 para a súa funcionarización