Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta moderniza os sistemas de climatización e ventilación do pavillón municipal de Cordeiro cun investimento de 40.000€ do Fondo de Compensación Ambiental
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Valga, José María Bello, supervisan esta actuación, orientada a incrementar a eficiencia e sostenibilidade dos máis de 3.000 m2 do recinto
A Xunta licita por 1,2 millóns de euros os contratos para a renovación de 200 novas marquesiñas de autobús na comunidade
A iniciativa prevé a fabricación destes refuxios a partir dun deseño integrado nas contornas rurais para proceder, posteriormente, á súa distribución
A Xunta apoia o crecemento da agricultura ecolóxica e valora a súa consolidación como tendencia de consumo tamén en Galicia
O Goberno galego mantén a súa aposta polo crecemento do ecolóxico a través de diferentes liñas de traballo centradas na calidade e en medidas legais como as futuras leis de recuperación da terra agraria e da calidade alimentaria
Constituido oficialmente o Comité Camelia Galicia co obxectivo de ordear, consolidar e profesionalizar este produto turístico único
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiu hoxe no Pazo de Rubiáns a primeira xuntanza deste órgano regulador da “Ruta dos Xardíns da Camelia”
Feijóo avanza unha nova normativa para homoxeneizar e incrementar a eficiencia das unidades de mama do Sergas
Resalta o investimento de catro millóns no Meixoeiro para, xunto á reforma das unidades de oncoloxía radioterápica e medicina nuclear, ampliar a unidade de mama e integrar nun único servizo todos os recursos diagnósticos e terapéuticos da área de Vigo
A Xunta realizará un inventario das infraestruturas que existen nas 170 áreas fluviais con maior risco de inundación da demarcación Galicia-Costa
Augas de Galicia licita por case 1,3 millóns de euros o contrato de servizo para estudar a influencia no risco de inundación das estruturas situadas en 548 km de río
Galicia ofrece ao Goberno central a cesión de doses ao Instituto Social da Mariña para que axilice a vacinación da frota galega
A conselleira do Mar lembrou que o Executivo estatal determinou que o proceso de inmunización das tripulacións será realizado polo ISM e pediu ao Ministerio de Sanidade que dea de xeito inmediato a orde para iniciar esa vacinación
A Xunta licita por 450.000€ a mellora da estrada LU-170 entre Xermade e Cabreiros, incluída no Plan de reforzo de firmes que este ano prevé un investimento de 4,6 M€ nas provincia de Lugo
Vázquez Mourelle informa de que as empresas teñen ata o 19 de maio para presentar as ofertas a estas obras, que comezarán en verán e rematarán este ano
Román Rodríguez agradece ao sector do libro “o seu compromiso intacto para amosar o mellor das letras”
A de Ferrol é a primeira das citas do calendario impulsado pola Xunta e Federación de Libreiros de Galicia que inclúe 12 paradas ata agosto
A Xunta destina ao servizo municipal de emerxencias de Noia un novo vehículo para actuar en incendios e labores de salvamento
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá do novo camión no que o Goberno galego investiu 150.000 euros e que está adaptado para intervir en zonas estreitas de difícil acceso