Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita hoxe as obras de rehabilitación integral do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, cun orzamento de 1 millón de euros
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se executará “unha profunda reforma para mellorar a estética, o confort e a eficiencia enerxética” do colexio, reducindo nun 44,5% o consumo e a emisión de gases contaminantes
Feijóo destaca a recuperación dos Baños de San Xusto en Cerdedo-Cotobade como exemplo da aposta pola conservación do patrimonio natural e cultural a través dos Pactos pola Paisaxe
Salienta que este Pacto pola Paisaxe asinado en 2019 co concello pontevedrés foi o primeiro posto en marcha en toda Galicia e permitiu levar a cabo este proxecto, cun investimento de preto de 700.000 euros
A Xunta premia as mellores mensaxes en galego a través do certame Lingua de namorar
Faise pública a relación de mozas e mozos gañadores da décima edición, que obtivo unha importante participación na votación da nova categoría Instagram
Galicia rexistra un total de 2.811 casos activos por coronavirus
Un total de 115.174 pacientes xa están curados
O conselleiro de Sanidade destaca que a situación epidemiolóxica da covid en Galicia continúa a ser estable
O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Julio García Comesaña, animou á cidadanía a que se vacine e a que acuda aos cribados, cando sexa citada polo Sergas
67 establecementos da provincia de Ourense adherironse á segunda convocatoria do Bono Turístico da Xunta
O delegado territorial precisou que esta nova convocatoria permitirá mobilizar máis de 6,8 millóns de euros co obxectivo de reactivar o consumo interno
A Xunta lanza a convocatoria para promover plans municipais de abastecemento autónomo entre os concellos galegos de menos de 5.000 habitantes cun investimento de 900.000 euros
Trátase de dotar ás entidades locais de información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación e dun instrumento de planificación para a mellora da prestación deste servicio, de competencia municipal
A Xunta apoia ao Grupo Nueva Pescanova na creación dun novo modelo de fábrica 4.0, ao que aplicará a intelixencia artificial para gañar en sostibilidade e eficiencia produtiva
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe a presentación do proxecto Sea2Table 4.0, que desenvolverá Grupo Nueva Pescanova, xunto co Centro de Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, e a spin off da Universidade de Vigo, ASM Soft
A Xunta inviste 664.000€ na rehabilitación integral do CPI Alcalde Xosé Pichel en Coristanco para adaptalo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado con espazos máis ventilados e máis eficientes desde o punto de vista enerxético
A Xunta recibe 9 ofertas para executar a renovación do firme nas estradas LU-636, LU-546 e LU-741 ao seu paso por Becerreá, Lugo, O Corgo, Sarria e A Pontenova, cun investimento de 1,8 M€
A intervención permitirá acondicionar 9 quilómetros da estrada LU-636, entre o punto quilométrico 22 e ata o 31+140, á entrada do núcleo de Becerreá