Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita as obras de mellora do firme en seis estradas autonómicas da provincia de Pontevedra que suporán un investimento de preto de 775.000 euros
Actuarase nas estradas PO-214, PO-221, PO-222, PO-223, PO-233 e PO-303, nos concellos de Pontecesures, A Estrada, Moraña, Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Padrón, Sanxenxo, Meaño e Cambados
A Xunta ofrece un servizo para a constitución de pequenas empresas en 48 horas aforrando custos e xestións
O proceso é telemático e o Igape encárgase da tramitación necesaria ante os distintos organismos
O Plan básico municipal do concello de Padrenda sométese desde hoxe a información pública por un período de dous meses
Todas as persoas ou entidades interesadas en participar no proceso poden presentar xa as súas achegas ao documento, aprobado inicialmente o 30 de marzo
Conde subliña o consenso, a colaboración público-privada e a implicación das pemes como a base sobre a que se asenta a candidatura de Galicia aos fondos Next Generation
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, compareceu hoxe a petición propia na comisión parlamentaria sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia
A Xunta convoca por 1 millón de euros as axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública
Trátase de subvencións a comunidades de propietarios de vivendas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou transferidas ao mesmo, unha liña da que xa se beneficiaron preto de 2.800 inmobles desde 2016
Trenor informa do Plan de apoio aos establecementos de proximidade e anima aos comerciantes a sumarse ao bono Activa Comercio
A iniciativa, para incentivar o consumo, arrincará a principios de maio con descontos de 30€ para os clientes, os establecementos interesados en participar xa poden presentar a súa solicitude
Sanidade establece o nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro
No nivel alto de restricións estarán os concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira, e Cambre
Lete destaca o pavillón de Crecente como “exemplo de boa xestión, planificación e mantemento” que vén de ser rehabilitado pola Xunta
En total, o orzamento da actuación alcanzou os 105.176,88 euros, dos que a Secretaría Xeral para o Deporte achega o 60% (62.000 euros) e o Concello de Crecente, o restante 40%
O Sergas acorda coas organizacións sindicais a entrada en vigor das primeiras listas de contratación de persoal médico hospitalario
As devanditas listas, que agora figuran publicadas como provisionais, entrarán en vigor o vindeiro mes de setembro xa con carácter definitivo