Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

20/04/21 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López salienta o “éxito indiscutible” do segundo bono turístico #QuedamosenGalicia impulsado pola Xunta e a elevada participación de establecementos da provincia, con 295 adheridos

O delegado territorial anima ás galegas e galegos a facer “turismo responsable e seguro” aproveitando os numerosos atractivos da comunidade e o elevado nivel e calidade do sector nunha visita á Quinta de San Amaro, no Concello de Meaño

20/04/21 | 16:30 | A Presidencia da Xunta

Feijóo cualifica de “erro” o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Goberno central á Lei de saúde e apela ao diálogo para avanzar nunha solución extraxudicial

Incide na necesidade de que se celebre unha Conferencia de presidentes para abordar o baleiro xurídico tralo remate do estado de alarma

20/04/21 | 16:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os conselleiros de Educación e Sanidade destacan o CIFP Ánxel Casal-Monte Alto como referente de FP da familia sanitaria

Visitan este centro coruñés que imparte todos os ciclos desta rama profesional, así como varios enfocados a servizos socioculturais e á comunidade

20/04/21 | 15:09

O decreto que crea e regula o novo informe de avaliación de edificios residenciais entrará en vigor dentro dun mes

Esta análise será un requisito obrigatorio para todos aqueles inmobles de tipo residencial colectivo que foran edificados hai 50 anos ou máis

20/04/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe aos gañadores da Copa de España de Taekwondo

Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados

20/04/21 | 14:54

Medio Ambiente analiza a idoneidade do ámbito proposto para a ampliación do parque empresarial do Carballiño

O organismo autonómico ten que tramitar a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais para incluír no mesmo a prevista ampliación

20/04/21 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de contar con servizos de emerxencias ben equipados e preparados para reducir riscos ante calquera incidencia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na clausura da reunión do Consello Asesor da Fundación Inade

20/04/21 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola actuación das comunidades autónomas e as entidades locais na cooperación internacional para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, compareceu hoxe na subcomisión para o estudo de actualización do marco normativo e do sistema de cooperación internacional para o desenvolvemento do Congreso dos Deputados

20/04/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Mondoñedo acollerá a segunda sesión do ciclo de encontros multidisciplinares ‘Xacobeo Peregrinas’

O programa de encontros estase a desenvolver con carácter mensual en diferentes lugares simbólicos dos Camiños de Santiago

20/04/21 | 14:13

Galicia celebra a inclusión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia na lista Ramsar de humidais de importancia internacional

A proposta de inclusión presentada polo Goberno galego acaba de ser aprobada esta mañá na reunión do Consello de Ministros