Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/04/21 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta programa no centro coreográfico galego nove cursos de danza, prevención de lesións e xestión cultural

A danza contemporánea abrirá en maio esta oferta formativa, con cadanseu taller de creación e composición coreográfica impartidos por Esther Latorre e Mercé de Rande

03/04/21 | 11:51 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.223 casos activos por coronavirus

Un total de 112.878 pacientes xa están curados

03/04/21 | 11:24

Os concellos poden solicitar ata finais de mes axudas para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal e de infravivenda

Estes programas suman un importe de case 2 millóns de euros de fondos propios do Instituto Galego de Vivenda e Solo

03/04/21 | 11:08

A Xunta creará 12 polos de emprendemento no rural para impulsar 800 proxectos de proximidade e formar a 3.200 persoas ata 2025

É un dos proxectos da Consellería de Emprego e Igualdade que forma parte da candidatura galega aos fondos europeos Next Generation

03/04/21 | 11:05

A Xunta sorteará o vindeiro 27 de abril as dúas primeiras vivendas protexidas en Ferrol froito do programa Rexurbe

Todas as persoas inscritas no Rexistro único de demandantes de vivenda na cidade participarán no sorteo das VPP, emprazadas no número 1 da rúa Argüelles, adquirido e recuperado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo por 406.000 euros

03/04/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por un investimento de máis de 2,9 millóns de euros a execución das obras de mellora do firme nas estradas autonómicas da provincia da Coruña AC-840 e AC-523

As intervencións comezarán na segunda quincena de abril e teñen por obxectivo a rehabilitación integral do firme en 50 quilómetros destas dúas estradas

03/04/21 | 11:00

Medio Ambiente recorda que as entidades colaboradoras de pesca poden solicitar axudas para as tarefas de vixilancia nos ríos

Ángeles Vázquez lembra que o DOG publicou o 22 de marzo a nova orde, coa que tamén se subvencionan actividades de carácter divulgativo e formativo

03/04/21 | 09:50 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración informa a máis de 220 universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia Beme para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia

O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu tres sesións en liña para informar aos interesados nestas bolsas de América e Europa

03/04/21 | 09:49 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola xestión sostible e pola certificación forestal dos montes galegos para avanzar cara á descarbonización e facer fronte ao cambio climático

José Luis Chan trasladou o compromiso do Goberno galego coa xestión forestal sustentable e activa, no marco do Plan Forestal de Galicia 2021-2040, “Cara á neutralidade carbónica”