Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/04/21 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lanza a actualización da app enoturismo en Galicia para invitar a descubrir os recursos enoturísticos do territorio

A renovada aplicación móbil ofrece máis de 200 recursos turísticas das cinco Rutas do Viño de Galicia e pode descargarse de balde para teléfonos Android e IOS

04/04/21 | 11:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para a incorporación de novos centros ao ensino plurilingüe en Galicia o próximo curso 2021-22

Teñen ata o 30 de abril para solicitar implantar o modelo plurilingüe nas etapas de Infantil (Plurinfantil), Primaria e ESO (Plurilingüismo clásico) e en Bacharelato (Pluribach)

04/04/21 | 11:18

Medio Ambiente licita por máis de 100.000 euros as obras de urbanización da contorna da capela de San Miguel, en Monterrei

A Consellería publicou o contrato desta actuación pola que se mellorará o aspecto global das rúas Capela, Cova e Santa María

04/04/21 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta prosegue a vindeira semana cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica

Continuarán os labores que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña, na vía de alta capacidade VG.-1.2, en Ares e Mugardos

04/04/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A estrada LU-621, entre Láncara e a urbanización de Valdriz, rexistrará un corte de tráfico desde o martes para avanzar no seu acondicionamento e nunha nova senda

O desvío do tráfico é preciso para mellorar o trazado da vía coa rectificación da curva anterior á ponte, que require da realización de pequenas voaduras

04/04/21 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destina case 90.000 € a mellorar as infraestruturas rurais do Concello do Bolo

No encontro puxéronse de relevo os traballos subvencionados polo Goberno galego nas últimas convocatorias do PIR e do Plan Marco por un valor próximo aos 55.000 euros, así como outros case 34.000 euros consignados este ano

04/04/21 | 11:00

A Xunta ten activas axudas por 7,4 M€ coas que garante a independencia económica das vítimas da violencia de xénero

O Goberno galego vén de convocar xa neste primeiro trimestre do ano as catro principais axudas para vítimas da violencia de xénero: de pago periódico, de pago único, indemnizacións e apoios a mulleres gravemente feridas e fillos e fillas orfos

04/04/21 | 10:54 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.167 casos activos por coronavirus

Un total de 113.023 pacientes xa están curados

03/04/21 | 12:45

A Xunta analiza con palangreiros de Ribeira e Marín a situación do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania

O Executivo galego defende que se impulsen as negociacións para a renovación deste protocolo co país africano tal e como trasladou en febreiro a conselleira do Mar nunha misiva ao ministro de Pesca co fin de que a frota galega poida desenvolver a súa actividade en boas e rendibles condicións

03/04/21 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 98,76% do alumnado de cuarto de infantil obtén praza no centro educativo escollido como primeira opción

Este ano recibíronse un total de 15.414 solicitudes de nenos de 3 anos que se incorporan así ao sistema educativo