Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/04/21 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Gonzalo Trenor explica aos empresarios da Sionlla os plans de expansión do polígono con 305.697 metros cadrados dispoñibles cun 30% de bonificación na súa venta

O delegado da Xunta mantivo unha xuntanza con representantes da asociación de empresarios para trasladarlles os cambios incluídos no proxecto sectorial para permitir a implantación de novo tecido empresarial

06/04/21 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca a estación intermodal como exemplo da súa aposta pola mobilidade en Pontevedra e reclama ao Goberno de España avances na circunvalación e o nó de bombeiros

Alfonso Rueda salienta o compromiso da Xunta coa cidade cun investimento de case 200 M€ na intermodal, o Gran Montecelo ou a mellora do saneamento da ría

06/04/21 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 13 ofertas para executar as obras de mellora de firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal, que suporán un investimento de 1,4 M€

As obras, que comezarán no verán, realizaranse nas estradas AC-101, AC-546, AC-566 e AC-861, nos concellos de Cedeira, Ortigueira, Cabanas, A Capela e As Pontes

06/04/21 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 2,5M€ á contratación de 24 científicos posdoutorais para a consolidación da súa carreira investigadora en Galicia

Esta convocatoria que vén de resolver o Goberno galego forma parte dos programas de apoio posdoutoral e predoutoral, a de maior envergadura feita pola comunidade autónoma ata o momento, cunha partida de 18M€ para 175 novos contratos

06/04/21 | 13:19 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas

06/04/21 | 13:13

A Xunta inicia as expropiacións para a ampliación de San Paio de Navia ás que destinará 14,5 millóns de euros

O DOG publica hoxe a resolución pola que se someten a información pública polo prazo dun mes

06/04/21 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ten aberto ata o 12 de abril o prazo de matrícula nas 20 escolas infantís públicas autonómicas da provincia de Lugo, que ofertan 1.121 prazas

O delegado territorial, Javier Arias, destacou que o próximo curso será o segundo completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos

06/04/21 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 28 ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria na AC-840 entre Porzomillos e Oza, en Oza-Cesuras, que suporán un investimento de preto de 454.000€

O obxectivo da Xunta é iniciar este mesmo ano as dúas intervencións previstas, que se realizarán de xeito coordinado e simultáneo