Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/04/21 | 12:50 | C. de Sanidade

Unha unidade móbil de ADOS acolle a doazón do reitor da Universidade de Santiago de Compostela e convida aos estudantes a participar activamente

A pasada semana a USC e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), asinaron un novo convenio de colaboración que permitirá incentivar a doazón altruísta nos campus de Santiago e Lugo

07/04/21 | 12:47

A Xunta colabora co concello de Carballo no fomento das actuacións de formación para o emprego, claves cara á reactivación económica

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, visitou hoxe as dependencias do centro formativo municipal Fórum Carballo

07/04/21 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Agadic dótase dun novo estatuto que reforza a súa estrutura para avanzar no servizo ás industrias culturais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto que introduce cambios de organigrama co fin de mellorar as súas capacidades de xestión e coordinación

07/04/21 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na rehabilitación do mosteiro de Santa María de Sobrado para crear un novo albergue no Camiño do Norte

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a reforma que permitirá mellorar a acollida dos peregrinos nesta ruta e a recuperación dun edificio considerado Ben de Interese Cultural

07/04/21 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia incrementa a axuda da cooperación exterior para mitigar o impacto da covid nas sociedades máis vulnerables

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, deu a coñecer hoxe no Parlamento de Galicia o Plan Anual 2021 de Cooperación galega, cun orzamento de case 7,5M€, un 12% máis que o do 2020

07/04/21 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
07/04/21 | 11:40 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.233 casos activos por coronavirus

Un total de 113.377 pacientes xa están curados

07/04/21 | 11:27 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que o éxito da aceleradora High Tech Auto radica na súa capacidade para contribuír á transformación dixital de toda a cadea de valor do sector da automoción

Esta aceleradora, que prevé acadar as 40 empresas apoiadas e facilitar nelas a creación de 120 postos de traballo, é complementaria coa Business Factory Auto, apoiada tamén pola Xunta

07/04/21 | 10:48

Rosa Quintana enxalza a capacidade de adaptación dos grupos de acción local do sector pesqueiro á situación derivada da alerta sanitaria polo coronavirus

A titular de Mar salienta o gran labor divulgativo do campionato REMA 360º por difundir de xeito ameno o valor do patrimonio marítimo-pesqueiro e da cultura mariñeira de Galicia entre a xente nova

07/04/21 | 10:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo de matrícula ata o 12 de abril para o curso 2021-22 nas 25 escolas infantís públicas da comarca da Coruña

O delegado da Xunta visitou o centro As Mariñas na Coruña, que ofrece 61 prazas nos tres grupos de idade de 0 a 3 anos