Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Carballeda de Avia acollerá un plan piloto promovido pola Xunta que combinará os pasteiros con diversas iniciativas de mobilización de terras
O obxectivo é conxugar accións ao abeiro do Plan de pastos con figuras como as aldeas modelo ou os polígonos agrarios, utilizando os instrumentos da futura Lei de recuperación da terra
O delegado territorial da Xunta en Ourense louva o traballo que a asociación Por Eles leva a cabo na provincia a prol das persoas con TEA
Gabriel Alén mantivo hoxe unha reunión con Eva Guzmán, presidenta desta organización sen ánimo de lucro creada en 2018 por nais e pais de nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista
A Xunta inicia as obras de acondicionamento do edificio do servizo de mobilidade na Coruña cun investimento de preto de 500.000 euros
O obxectivo é mellorar as condicións de traballo dos 30 empregados do Servizo provincial de Mobilidade, así como a atención aos cidadáns que acoden ás instalacións a realizar xestións
Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas, a maior parte delas de monte raso
A Xunta converterá este xoves a gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2020 nun acto de recoñecemento ao sector
Nun ano marcado pola pandemia, a entrega -que poderá seguirse online en directo- será particularmente simbólico e dará voz a profesionais coñecidos e anónimos
A Xunta comeza as obras de instalación dun paso de peóns semaforizado en Sobrán para mellorar a seguridade viaria deste barrio de Vilagarcía
O delegado territorial, Luis López, visita o comezo dos traballos, nos que se invisten 42.000 euros e que estarán finalizados nos vindeiros días
Feijóo destaca a capacidade do autogoberno para resolver problemas reais, unir ás persoas, tender pontes con outros pobos e facer da autonomía galega unha ferramenta de presente e de futuro
Salienta que nestes días de loita por superar a pandemia e as súas secuelas, unha vez máis, Galicia está a demostrar que é quen de afrontar o gran desafío e superalo coa unidade e a responsabilidade do seu pobo
A Xunta abre o prazo de matrícula para o curso 2021-22 nas 26 escolas infantís públicas autonómicas da provincia
O representante do Executivo galego sinalou que, transcorridos sete meses desde o inicio do curso, este servizo ten demostrado que se pode impartir este nivel educativo con total seguridade
A Xunta entrega tres novas vivendas de promoción pública no casco histórico de Ourense
O delegado territorial, Gabriel Alén, fixo entrega das chaves aos novos adxudicatarios, que poden facer uso dos pisos de inmediato