Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/04/21 | 09:10 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Devesos

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

05/04/21 | 19:01 | C. de Sanidade

Galicia vacinou preto de 61.500 persoas contra a covid durante a Semana Santa

Delas, 37.000 maiores de 80 anos recibiron a primeira dose de Pfizer e a outras 15.500 administróuselles a segunda

05/04/21 | 18:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca a aposta da Xunta pola “dinamización do turismo e a potenciación das zonas naturais” na súa visita á mellora e embelecemento dos accesos ás Insuas de Gres

O delegado territorial visita esta actuación co alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, financiada pola Axencia Turismo de Galicia por un importe de máis de 35.000€

05/04/21 | 17:04

O Consello Consultivo conclúe que o artigo 18.4 da Lei de cambio climático é inconstitucional por afectar ás prórrogas de concesións na costa xa outorgadas

O Goberno galego coñeceu hoxe o ditame do organismo, onde afirma que o artigo 18.4 ten por fin limitar a duración das concesións no litoral da Lei de costas, derrogando o prazo de ata 75 anos de prórroga extraordinaria

05/04/21 | 14:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia Escena Pro regresa a Santiago do 7 ao 10 de xuño cunha programación exclusiva para profesionais

A Xunta e a asociación Escena Galega organizan a oitava entrega do mercado galego de artes escénicas, que retoma o seu papel como escaparate dos novos espectáculos galegos tras a suspensión da súa edición de 2020 por mor da pandemia

05/04/21 | 14:48

A Xunta aposta por seguir investindo na revitalización do patrimonio natural e consolidar o turismo sostible en Galicia

“Seguiremos mellorando e impulsando ese turismo de natureza do cal Galicia é tan rica e que, polo tanto, os galegos temos que coñecer; porque se o coñecemos, preservarémolo, coidarémolo e mimarémolo”, salienta Ángeles Vázquez

05/04/21 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda coa Fundación ONCE a adaptación da estación intermodal de Santiago ás persoas con cegueira ou limitación visual

A instalación consta de percorridos podotáctiles e carteis en braille para facilitar o acceso ao transporte público das persoas cegas ou con limitacións de visión

05/04/21 | 14:24 | C. de Sanidade

A Xunta comeza mañá unha nova vacinación masiva citando a 145.000 persoas nas sete áreas sanitarias

O Sergas convocará a 90.000 persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946 para recibir a súa primeira dose da vacina da covid entre o xoves e o domingo desta semana

05/04/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou nos festivos da Semana Santa 53 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 144 dispositivos con 170 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

05/04/21 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as axudas para o libro galego dirixidas á tradución

O obxectivo é favorecer que as obras galegas se editen noutras linguas, apoiando a proxección internacional da nosa cultura, ao tempo que se fomenta a publicación en galego de obras escritas noutros idiomas